Verónica Boquete protagoniza o primeiro capítulo de 'Conseguiremos', parte do proxecto 'Novas voces para a lingua'

A futbolista Verónica Boquete é unha das caras que darán vida ao proxecto 'Novas voces para a lingua', iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago co obxectivo de conectar aos mozos co idioma.

|

O proxecto 'Novas voces para a lingua' comeza a coller forma coa participación da xogadora santiaguesa do AC Milan Verónica Boquete.


Alejandro Guillán Baiuca e Laura Lamontagne, ou Iria Veiga, tamén participarán na iniciativa.


VERO BOQUETE FUTBOLIST



A futbolista Verónica Boquete é unha das caras que darán vida ao proxecto 'Novas voces para a lingua', iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago co obxectivo de conectar aos mozos co idioma.

A deportista galega participa no primeiro dunha serie de episodios nos que se abordarán distintas preocupacións que unen aos diferentes protagonistas, como o deporte, a ciencia, a creación artística ou a igualdade.


Presentación de 'Novas voces para a lingua'


Estes temas serán parte destes relatos e pezas audiovisuais nos que se integrará á súa vez a cuestión lingüística. Xunto a Boquete poderase ver a rostros como os músicos Alejandro Guillán Baiuca e Laura Lamontagne, Andrés Goteira, a divulgadora Iria Veiga ou ao investigador Anxo Carracedo.

A proposta está a cargo da directora Paula Quiroga, o guionista Lois Alcayde e a produtora Meritxell Álvarez, cunha serie de cinco pezas protagonizada por mozas que son exemplo da Galicia do talento e que utilizan o idioma en todos os contextos da vida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE