Reguero de premios en Vigo grazas ao Cuponazo da ONCE, que deixa 300.000 euros na cidade
O sorteo do 11 de decembro do Cuponazo deixou unha ducia de cupóns premiados na cidade olívica.
O sorteo do 11 de decembro do Cuponazo deixou unha ducia de cupóns premiados na cidade olívica.
Cada boleto, expedido na porta do Corte Inlgés da Gran Vía, ten un premio de 25.000 euros.
Alberto Fernández Calvo é o vendedor que levou a sorte aos seus clientes habituais. Alberto ten 45 anos, é vendedor da once desde hai 15 anos e unha cegueira parcialmente total.
“Aínda que é unha zona pola que pasa moita xente, teño unha clientela habitual moi fiel e estou feliz de darlles premio. Oxalá fosen máis”, afirma.
Agora, o seu labor deixou unha choiva de premios ás portas do nadal na cidade viguesa, onde xa se adiantou ‘o gordo’ deste ano grazas á ONCE.
Escribe o teu comentario