Á Xunta "moléstalle a memoria histórica e democrática", di o Concello de Sada polos plans para Meirás

O Concello de Sada (A Coruña) trasladou o seu rexeitamento ás 'Bases para o plan de usos das Torres de Meirás' presentado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao considerar que a Xunta vai "na dirección equivocada tanto no fondo como na forma".

|

O destino do Pazo de Meirás é aínda incerto, pero o que é seguro é que o debate sobre que facer co inmoble traerá de cabeza a todas as administracións implicadas.


"Sen a referencia do franquismo, do que foi e representou a ditadura e, en particular, do propio pazo como símbolo e resultado do franquismo, estaríase a dar unha interpretación parcial e fraudulenta do pazo", denuncia o Goberno de Sada, que rexeita o plan da Xunta. 


Pazo de Meirás



O Concello de Sada (A Coruña) trasladou o seu rexeitamento ás 'Bases para o plan de usos das Torres de Meirás' presentado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao considerar que a Xunta vai "na dirección equivocada tanto no fondo como na forma".

"Respecto do fondo, porque o pazo, xa desde o decreto BIC do 2008 ata o de agora, integra dúas referencias históricas, a de Pardo Bazán e a do ditador Franco". "As dúas forman parte indisociable do pazo, da súa historia, dos seus antecedentes e dos futuros usos", sostén.

Segundo o alcalde de Sada, Benito Portela, "o señor Feijoo quere que só se fale de Pardo Bazán xa que lle molesta a memoria, sobre todo a histórica e democrática, do franquismo, da ditadura, da represión, o que supón unha didáctica parcial e interesada do pazo". "A memoria non é un xardín", declara en referencia á proposta de implantar un 'xardín da liberdade' no exterior do inmoble.

"Sen a referencia do franquismo, do que foi e representou a ditadura e, en particular, do propio pazo como símbolo e resultado do franquismo, estaríase a dar unha interpretación parcial e fraudulenta do pazo", engade.


ANUNCIO UNILATERAL

O rexedor cre que tamén se equivoca a Xunta de Galicia na forma "ao anunciar este documento de maneira unilateral, sen contar coas outras administracións", sinala en referencia ao propio concello, ao Goberno e a Deputación da Coruña. "E sen contar coas asociacións e entidades da memoria histórica e democrática", engade.

"Unha cooperación institucional debe un mínimo respecto polas outras administracións e pola propia sociedade civil". "Unicamente desde esa cooperación institucional, xunto á necesaria e imprescindible participación das entidades e asociacións da memoria histórica, poderase acordar os usos do pazo", engade.

Tamén lembra que á Xunta que, se ela ten as súas competencias, tamén as ten o Concello de Sada, "as urbanísticas como as de patrimonio cultural". Con todo, e a pesar do que cualifica como un "mal comezo" por parte de Feijóo, apostila que está a tempo de "rectificar".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE