Covid por concellos: Vigo, Boiro e Ourense empeoran mentres melloran Coruña, Pontevedra e Narón

Pola contra, a melloría é notable nas comarcas de Bergantiños e na Coruña.A nivel municipal, comparando os positivos a 14 días de hoxe cos de onte, os que máis soben son Vigo (+18), Boiro (+15), Ourense (+10), Redondela (+7) , Ribeira (+6) e Barbadás (+5).O repunte na cidade de Ourense e a súa veciña Barbadás é quizais o máis relevante.


|

A análise xeográfica das últimas cifras do SERGAS confirma o repunte na área sanitaria de Santiago, debido en parte ao brote de Boiro e á subida hoxe de Ribeira. Pola contra, a melloría é notable nas comarcas de Bergantiños e na Coruña. A curva xeral de Galicia está practicamente plana.


A nivel municipal, comparando os positivos a 14 días de hoxe cos de onte, os que máis soben son Vigo (+18), Boiro (+15), Ourense (+10), Redondela (+7) , Ribeira (+6) e Barbadás (+5).


O repunte na cidade de Ourense e a súa veciña Barbadás é quizais o máis relevante. Non cuantitativamente, pois Vigo e Boiro empeoran máis; pero si desde o punto de vista temporal. O rebote ourensán sucede unha semana despois de que o SERGAS levantase o confinamento e o peche da hostalería na 'améndoa' de Ourense. 


Son cifras que poden influír nas decisións que en cuestión de horas tomará o Subcomité Clínico da Xunta. Os expertos decidirán se proseguir coa relaxación das restricións.




BOIRO SEGUE CON PROBLEMAS

Respecto ao foco de Boiro, última localidade confinada perimetralmente, as boas noticias é que parece perder algo forza. 


Hoxe son 15 positivos máis, pero onte foron 24 e antonte 19. As malas noticias é que a incidencia acumulada por 100.000 habitantes sobe por encima dos 1.000, cando en Galicia anda por 153. 


É dicir, Boiro ten máis de seis veces incidencia que a media galega. Ademais, algúns municipios próximos empezan a repuntar, caso hoxe de Ribeira.





As mellores noticias chegan hoxe da Coruña, con 21 positivos menos a 14 días no cómputo de hoxe respecto ao de onte. Tamén caen significativamente Muxía (-10), Narón (-9), Carballo (-7) e Pontevedra (-7). Chama a atención o dato de Narón, dado que onte agravouse o foco nunha das súas residencias.


É curioso o caso de Moaña. A pesar de que o SERGAS anunciou un macrocribado alí, con máis de 20.000 persoas convidadas, as súas cifras non aparentan ser malas. De feito no que levamos de semana perdeu 11 positivos e hoxe queda igual que onte.


Peores son as cifras da próxima Redondela, que hoxe ten 7 positivos máis e que segue en risco extremo, con máis de 250 positivos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas; mentres que Moaña está mellor, en risco alto, con entre 150 e 250 e sen subidas relevantes esta semana.


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS

A nivel de área sanitaria, os repuntes de Boiro e Ribeira déixanse notar nos datos da área sanitaria de Santiago. Así, aínda que a capital queda igual que onte, a área sanitaria sobe por segunda xornada seguida, de 817 a 824 casos activos.


Os casos de Ourense cidade e Barbadás contribúen a torcer a excelente curva da área sanitaria. Os seus casos activos levaban caendo case interrupción desde mediados de novembro, hoxe soben en 19.





Das sete áreas sanitarias, hai dúas nas que sobe o número de contaxiados de covid-19 nestes momentos. En concreto, son Santiago-Barbanza, con 824 enfermos (+7); e Ourense-Verín-O Barco, con 383 (+19).

En canto ao resto, a área de Vigo é a que continúa acumulando máis casos activos, cun total de 1.401, pero significa unha baixada de 24. Tamén descenderon na Coruña, ata os 1.093 --53 menos--.




 

En Pontevedra-O Salnés, hai este venres 839 pacientes de covid (-17); en Ferrol, hai 571 (-20); e en Lugo-A Cariña-Monforte, 571 (-20). 


POSITIVIDADE POR ÁREAS

Respecto a a positividade por áreas sanitarias, hai tres que onte estiveron por baixo do limiar do 5% : Lugo (2,7%), Ourense (3,2%) e A Coruña (4,1%). Mentres tanto, situáronse por encima Ferrol (6%), Santiago (6,5%), Vigo (7,8%) e Pontevedra (9,1%).


O mapa de restricións é o mesmo que onte. Con todo, á súa vixencia pódenlle quedar horas, pois o Subcomité Clínico que o actualiza se reune esta mañá.


InXUz coronavirus por concellos de galicia nbsp  (3)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE