A subida de positivos de coronavirus de hoxe non trunca a melloría xeral do coronavirus en Galicia

Sitúase en 207 positivos por cada 100.000 galegos cada 14 días, o menor valor desde o 23 de outubro.Esta mellora sucede a pesar de que os 350 diagnósticos coñecidos hoxe son máis que os 328 de onte.


|

As últimas cifras afianzan a retirada da pandemia en Galicia pese ao repunte de positivos. E é que as medias semanais seguen á baixa, tanto en incidencia acumulada como en porcentaxe de test positivos.


Así, a incidencia acumulada a 7 días descende a 83 positivos por cada 100.000 galegos. Leva á baixa sen interrupcións desde o 24 de novembro. O descenso de hoxe, con todo, é dos máis pequenos.


Ampliando o foco a dúas semanas, vemos que a incidencia acumulada segue caendo. Sitúase en 207 positivos por cada 100.000 galegos cada 14 días, o menor valor desde o 23 de outubro.


Esta mellora sucede a pesar de que os 350 diagnósticos coñecidos hoxe son máis que os 328 de onte. Con todo, o pasado xoves foron 465.


En definitiva, a tendencia galega de cantidade de positivos segue por bo camiño. Tamén a taxa de positividade, a pesar de que o resultado de hoxe, 5,6% é o peor nunha semana. Aínda así, a media semanal descende ao 5,03%, chegando case ao ansiado 5%, límite que a OMS estima para poder considerar un foco en vías de control.





Mellora visible tamén no número de enfermos. Sonos 7.419 son 110 menos menos que onte. Un descenso do -1,6% que empuxa a media semanal a unha caída diaria do -2,1%, o mellor resgistro desde a derrota da primeira onda.




Por áreas sanitarias, case todas suman máis positivos hoxe que onte. Vigo segue sendo a que máis achega, con 100, case un terzo dos 350 totais de Galicia. Repunte considerable na área de Santaigo, con 55 positivos máis.





UGWvm incidencia acumulada semanal de coronavirus en galicia




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE