Castroverde e Pedrafita abrirán as súas novas residencias de maiores en cuestión de meses, anuncia a Deputación de Lugoel próximo ano

O goberno provincial concede 52.000 euros á Federación Galega de Comercio co fin de "dinamizar as compras de Nadal"

|

É posible que o xeriátrico Residencial O Castro empece a funcionar o próximo mes de decembro, adianta a portavoz provincial


A portavoz do goberno da Deputación de Lugo, a socialista Pilar García Porto, anunciou este venres que as novas residencias de maiores dos municipios de Castroverde e de Pedrafita do Cebreiro botarán a andar o próximo ano.


Residencia de maiores de Castroverde



CASTROVERDE POIDA QUE ESTE ANO
Así o confirmou na rolda de prensa posterior á xunta de goberno provincial, durante a cal se aprobou a adxudicación da prestación básica dos servizos do centro de Castroverde, por 1 millón de euros en dúas anualidades.

Nesta licitación inclúense os servizos de cociña, limpeza e asistencia básica, ademais de barbaría e quiropedia, o que podería levar á súa apertura antes de que conclúa 2020.

No caso da residencia de Pedrafita, aprobouse a adxudicación da subministración e equipamento para lavandería e artigos de cociña, por un importe de máis de 52.000 euros. A súa apertura podería producirse en febreiro, segundo avanzou García Porto.

COMERCIO DE NADAL
Polo demais, a portavoz do goberno da Deputación informou da aprobación dunha axuda por 52.000 euros para a Federación Galega de Comercio, co fin de "dinamizar as compras de Nadal nos negocios da provincia".

"Seguimos traballando da man dos propios sectores produtivos para axudar na recuperación do emprego e da actividade económica ante o impacto da crise sanitaria", explicou García Porto.

Tamén na xunta de goberno, o portavoz nacionalista, Efrén Castro, explicou as bases para inscribirse no Mercado de Nadal, fronte ao Pazo de San Marcos.

Serán 14 os postos, coa novidade este ano de que se incorpora unha caseta de artesanía alimentaria, ademais doutro debido a que será "unha especie de exposición rotativa dos produtos" artesáns que se poñen á venda ata despois de Reis.

Finalmente, a administración provincial ha acordado na xunta de goberno achegar máis de 143.000 euros á dotación de novo material informático para o Centro Asociado da  UNED en Lugo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE