Tirar máscaras ou toalliñas no baño créanos un "problemón" a todos, lémbranos Viaqua (vídeo)
As toalliñas que despreocupadamente tiramos polo baño poden acabar chegando a río e mares e entrando na cadea alimenticia humana. Restos de toalliña nunha praia durante unha acción de limpeza /EPLa campaña de Viaqua en Galicia lémbranos que, aínda que a miúdo chamemos a estes produtos hixiénicos con dimunitivos -toalliñas ou bastoncillos, por exemplo-, as consecuencias de refugalos mal non é unha cuestión menor, senón "un problemón".
Viaqua, unha das principais empresas de xestión de augas en Galicia, lanza unha campaña de concienciación dos custos ambientais e económicos que supón botar toalliñas, máscaras, tampones e bastoncillos polo retrete. A iniciativa forma parte da Semana Europea de Prevención de Residuos.
"A rede de rede de sumidoiros e depuración das cidades e municipios sofren constantes atascos, posto que este tipo de artigos non están deseñados para desfacerse en contacto coa auga", lembra a compañía.
Segundo a Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamentos España gasta cada ano máis de 230 millóns de euros en combater este problema.
Problema que non só é un lastre para as arcas públicas, tamén contribúe á contaminación do medio ambiente. As toalliñas que despreocupadamente tiramos polo baño poden acabar chegando a río e mares e entrando na cadea alimenticia humana.
Restos de toalliña nunha praia durante unha acción de limpeza /EP
A campaña de Viaqua en Galicia lémbranos que, aínda que a miúdo chamemos a estes produtos hixiénicos con dimunitivos -toalliñas ou bastoncillos, por exemplo-, as consecuencias de refugalos mal non é unha cuestión menor, senón "un problemón".
Escribe o teu comentario