11 casos activos menos tras a fin de semana en Santiago e Bugallo ten a "esperanza" dalgún "axuste" de restricións

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostrou o seu desexo de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) flexibilice algunha das restricións decretadas para facer fronte á covid-19 na cidade ante o descenso do número de casos activos, que se sitúan en 169.

|

Xosé Sánchez Bugallo mantén a "ilusión" de que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) rebaixe algunha das restricións ante o descenso de casos activos, que se sitúan en 169.  


En todo caso, o político do PSdeG insistiu varias veces en que acatará o que decida a Xunta e farao cumprir. Agora ben, o edil, vistas as cifras, mantén a esperanza de "algún pequeno axuste" en aspectos como  a hostalería. Hai que recodar que o comité de expertos do SERGAS reúnese mañá para avaliar as medidas.


Coronavirus.- Santiago denuncia 20 festas en pisos na noite do xoves e o alcalde volve pedir PREOCUPACIÓN POLOS HOSTALEIROS
"Eu non conto con ningún levantamento total --das limitacións-- nin con ningunha volta á normalidade, pero espero que se poidan adoptar algunhas medidas que permitan adoptar algunha flexibilidade, polo menos en temas como poden ser a hostalería", manifestou o rexedor.

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, o alcalde considerou que se debe ter en conta o "calibre extraordinario" que, na súa opinión, ten "a desfeita" que se está producindo en "a vida económica e social".

Por iso, confiou en que se produza "un axuste de certas medidas". "Vai manter o peche da hostalería para partir do día 4? Con relación ao Nadal vai haber algunha medida flexibilizadora ou se vai a manter o límite de cinco persoas que constitúan unidade de convivencia?", preguntouse nunha comparecencia na que tamén avogou por "non baixar a garda".

DESCENSO DOS CASOS
Na súa intervención, Bugallo informou de que, nunha reunión, o Sergas trasladoulle que a condición para rebaixar as restricións pasaba por que Santiago baixase dos 100 casos activos. "Eu non se se lograremos baixar ou non, pero imos camiño diso, os datos que temos sitúannos en 169 e baixando", apuntou.






EVOLUCIÓN DE As CIFRAS

Hai que lembrar que o venres estaban a aparecer uns 11 casos cada xornada e os casos activos eran 180. Por tanto, na fin de semana caeu o número de enfermos en 11, aínda que en parte é grazas aos falecementos, unha muller de 87 anos o sábado, un home do 94 o domingo  e outro home de 79 tamén o domingo; todos no CHUS. 


Ademais, a cifra de contagios diarios parece que non baixou moito, pois de acordo ao novo mapa do coronavirus por concellos de Galicia nos últimos 14 días saltaron 143 positivos na urbe, é dicir, 10,9 cada xornada.


Por tanto, de seguir este lento ritmo a mellora, aínda quedarán varias semanas para baixar dos 100 casos activos que lle indicou o SERGAS a Bugallo. Parece moi improbable un relajamiento mañá en todo caso.

Ademais, o alcalde, que deixou claro que o Consistorio de Santiago vai respectar "", "acatar" e "facer cumprir" as decisións que deriven do comité clínico, chamou a atención sobre o feito de que outras comunidades como Madrid e Cataluña, "moito máis afectadas que Galicia", apostan por un peche perimetral "da comunidade autónoma".

"Non se se esa fórmula é válida en Galicia ou non, en todo caso, é bastante inevitable tendo en conta que Asturias, Castela León e Portugal están a apostar por eses peches perimetrais non se se iso permite unha revisión", reflexionou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE