Pinta os número do seu matricula con rotulador permanente e termina cazado pola Policía de Lugo
Curioso método o empregado por o propietario deste vehículo para tentar sortear a falta dunha matrícula oficial.
Ademais deste achado, a Policía Local detectou a cinco condutores sen o seguro obrigatorio e dous positivos por alcholémia.
A Policía Local de Lugo interceptou esta fin de semana a un coche de matrícula estranxeira que levaba os números e as letras da placa pintados cun rotulador permanente.
O corpo municipal detectou este vehículo no transcurso dos operativos de vixilancia levados a cabo no centro urbano durante a fin de semana, nos que se comprobou que un total cinco automóbiles circulaban sen seguro obrigatorio.
Isto conlevou que fosen sancionados cunha multa de 1.500 euros e que se lles retirase o coche ao depósito municipal. Dous destes, incluído o que tiña os números escritos con rotulador, portaban placas de matrícula estranxeiras.
Ademais, a Policía Local sorprendeu durante a fin de semana a dous condutores que dobraban a taxa de alcoholemia permitida ao volante. O primeiro foi detectado na rúa Aquilino Iglesias Alvariño e arroxou un resultado positivo de 0,55 miligramos por litro de sangue, mentres que o segundo, interceptado na rúa Milagrosa, deu 0,53.
Contra ambos se iniciou un expediente sancionador, que conlevaría unha multa de 1.000 euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir.
Escribe o teu comentario