Ángel Bernardo Tahoces abandona a dirección xeral de Enerxía e Minas e substitúeo Paula Uría; Manuel Heredia a Sol Vázquez en Comercio

Marcos Gómez Román asume a dirección xeral de Comunicación tras a marcha de Lucas Martinón

|

Os cambios na Xunta de Galicia séguense producindo de forma graduada a medida que esta nova lexislatura de Feijóo vai collendo velocidade de cruceiro. 



Este venres o Goberno de Galicia autorizou novos nomeamentos que afectan as áreas de Comerico e Consumo ou Comunicación. 


O director xeral de Enerxías e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, na presentación deste luns do programa de apoios de eficiencia enerxética da Xunta.Ángel Bernardo Tahoces


O Consello de la Xunta aprobou este venres unha serie de nomeamentos entre os que se atopa Paula Uría Traba (Ferrol, 1975) como directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e Manuel Heredia Pérez como novo responsable de Comercio e Consumo.


Diso informou este venres o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóou, que deu conta tamén do nomeamento de Marcos Gómez Román como novo director xeral de Comunicación, así como dos cambios nas presidencias de catro autoridades portuarias.

En concreto, Paula Uría, enxeñeira industrial na especialidade enerxética pola Escola Politécnica Superior de Ferrol, era, desde 2015, subdirectora xeral de Enerxía. Máster en xestión de enerxías renovables pola Universidade de Cádiz, é funcionaria no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, na escala e enxeñeiros industriais.

A súa traxectoria profesional está ligada á Administración autonómica, na que desempeñou diversos cargos. Substituirá ao que era director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, a quen a Xunta agradeceu o seu labor.


Con estudos na Universidade de Artes de Londres, o novo director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia (Madrid, 1976), conta cunha traxectoria laboral vinculada ao sector do comercio e o téxtil desde hai máis de 20 anos, no ámbito do deseño e no departamento de compras de empresas como Pull and Bear, PVH Arrow e zara, con responsabilidades nos mercados nacionais e internacionais. Substitúe no cargo a Sol Vázquez, a quen a Xunta tamén mostrou o seu agradecemento polos labores desempeñados.


DIRECTOR XERAL DE COMUNICACIÓN 

O Consello de la Xunta tamén aprobou este venres o nomeamento de Marcos Gómez Román (Vilalba, 1981) como director xeral de Comunicación tras a marcha de Lucas Martinón.


Licenciado en Xornalismo pola USC, traballa na Xunta desde 2009 onde foi xefe de prensa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e, desde xaneiro de 2020, da Presidencia da Xunta.

Con anterioridade, formou parte o equipo fundador do diario 'Xornal' e, previamente, foi redactor na axencia Europa Press Galicia, na delegación de Santiago de Compostela. Tamén traballou na Axencia Galega de Noticias.


AUTORIDADES PORTUARIAS

Por outra banda, o Consello de la Xunta foi informado do nomeamento por parte da Consellería do Mar de novos presidentes nas autoridades portuarias da Coruña, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Ferrol-San Cibrao.


En concreto, o novo presidente da da Coruña será o ata o de agora deputado autonómico do PPdeG Martín Fernández Prado, que substituirá no cargo a Enrique Losada. No caso da Vigo, o cargo recae no que fose conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña, quen ocupará o lugar de Enrique López Veiga.

O novo presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa será o que fose delegado da Xunta en Pontevedra e actual deputado autonómico José Manuel Cores Tourís, que asumirá o posto en lugar de Sagrario Franco Malvar.

Por último, o oficial da Armada desde 1987 e enxeñeiro naval Indalecio Seijo será o próximo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en lugar de José Manuel Vilariño Anca.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE