O ourensán Daniel Minimalia gaña un Grammy Latino ao mellor disco instrumental (vídeo)




O compositor ourensán Daniel Minimalia acaba de gañar o Grammy Latino ao mellor album instrumental por Terra (Grupo Larrosa, 2020) .  É a segunda vez que o guitarrista chega á fase final destes premios, pois en 2017 conseguira ser nomeado por Orixe (2016, Zouma Records)  , o seu anterior disco.


|

O compositor ourensán Daniel Minimalia acaba de gañar o Grammy Latino ao mellor album instrumental por Terra (Grupo Larrosa, 2020) .  É a segunda vez que o guitarrista chega á fase final destes premios, pois en 2017 conseguira ser nomeado por Orixe (2016, Zouma Records), o seu anterior disco.


"Ir por camiños máis difíciles ás veces outórgache  os logros máis incribles" escribiu o músico ao coñecer o seu triunfo. O artista dedicou o triunfo á súa falecida nai:




Nado en Vitoria  pero criado en Ourense, Daniel Llorente Rey é un virtuoso da guitarra, pero non foi un neno prodixio da música. Empezou a aprender con 13 anos e pasou a súa adolescencia tocando en grupos de rock e folk. 


Fai máis dunha década empezou a súa carreira en solitario, escalando rapidamente no competido mundo do rock progresivo, instrumental e a world music.


Minimalia é autor de cinco traballos discográficos: Akainik (2011), Contos Sonoros (2012), Areas de Luna (2014), Orixe (2016) e Terra (2020). Entre a súa música aprécianse diferentes influencias que transitan desde o folk, flamenco, rock progresivo, blues ou música clásica. 

 



Daniel Minimalia tocando Taurus



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE