Máis confinamentos perimetrais: toda a comarca de Bergantiños (A Coruña), salvo A Laracha, e Ribadavia
O comité clínico de médicos a Xunta reuniuse este vienres para revisar as restricións. Arzúa, Chantada e Sanxenxo quedan por agora nunha situación de "observación especial", advirte o conselleiro.

Rolda de prensa da Xunta anunciando as novas medidas este venres
Así o avanzou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ao comezo da rolda de prensa para informar das novas medidas adoptadas polo comité para reducir a incidencia do coronavirus nestas áreas.
Ademais, o conselleiro explicou que se valorou "de forma detallada" a situación en Arzúa (A Coruña), Chantada (Lugo) e Sanxenxo (Pontevedra), aínda que por agora non haberá maiores restricións, senón que "seguirán en seguimento detallado".
O conselleiro definiu a situación de Galicia con prudencia, só indicou que había certa estabilidade, pese ao descenso de positivos esta semana.
Escribe o teu comentario