Cambio de tendencia nas aulas? Dous días seguidos con menos casos activos de coronavirus
Lista de completa de centros con casos activos no interior.
O coronavirus nas aulas non universitarias mostra indicios de retirada, do mesmo xeito que en conxunto da sociedade. Por vez primeira desde o 15 de setembro, os casos activos baixan durante dous días seguidos. Onte eran 4 menos que antonte e hoxe 35 menos que onte, deixando o total en 1263.
Seguen pechadas polo menos 70 aulas en escolas, institutos e garderías de Galicia, as mesmas que onte.
Con todo, aínda se rexistran brotes importantes nas instalacións educativas galegas que chegan a superan os 20 positivos nun mesmo centro e que obrigan a tomar medidas específicas de actuación para tentar analizar o alcance da infección.
MÁIS DE 20 CASOS NA MESMA ESCOLA DE CARBALLO
O caso máis grave de Galicia sitúase no CEIP Fogar de Carballo. O centro suma novos contagios e alcanza xa os 22 positivos, ademais de cinco aulas pechadas debido aos brotes detectados no centro.
Os proxenitores con fillos escolarizados en primaria o centro están a recibir mensaxes estes días para informar de probas PCR. O Sergas está a realizar un cribado entre alumnos e docentes para determinar o alcance da situación no inmoble.
UNHA ESCOLA PECHADA EN LUGO
Outro dos puntos de maior incidencia é o centro privado plurilingüe Santiago Apóstolo de Vigo, que reduciu o número de positivos ata os 18 pero que mantén un total de oito aulas pechadas debido aos brotes rexistrados nas instalacións.
Con todo o único centro pechado é a escuela infantil Golfiños, do concello de Lugo, que rexistra polo menos cinco casos confirmados que obrigaron a clausurar as instalacións como medida preventiva para frear a incidencia.
VIGO E A Coruña
Os centros das áreas sanitarias de Vigo e da Coruña son, de feito, os que contan con máis positivos por COVID-19.
A zona de influencia da cidade olívica conta cun total de 374 casos de coronavirus que obrigan a manter pechadas polo menos 18 aulas. Ademais do Santiago Apóstolo, destacan o IES Alexandre Bóveda ou o San Fernando, cunha decena de positivos, ou o centro privado Mendiño que se mantén con 12 contagios.
Colexio de San Fernando de Vigo
No caso da Coruña, con 239 positivos e 19 aulas afectadas, mantense a situación en el IES Maximino Romero de Lema de Zas, con 10 positivos por coronavirus, o seguinte máis afectado na zona tras o caso mencionado do CEIP Fogar de Carballo.
A área de Lugo ascende xa a 172 positivos que afectan a polo menos 12 aulas e a unha escola infantil, sobre todo no IES Lucus Augusti e no CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei, ambos con oito positivos.
RESTO DE ZONAS
No caso da zona de Pontevedra, esta sitúase en 146 contagios e 8 aulas pechadas. Seis delas atópanse no CEIP A Lama, clausuradas debido a dous positivos, aínda que o centro con máis positivos é o Francisco Asorey de Cambados (sete).
Pola súa banda, a área de Santiago redúcese ata os 125 positivos e seis aulas pechadas, Ferrol ata os 107 e Ourense ata os 100, con 2 e cinco unidades clausuradas, respectivamente.
Esta é a lista completa de centros con casos activos de coronavirus remitida hoxe polo SERGAS:
Escribe o teu comentario