Falece un motorista tras chocar cunha ambulancia en Vigo

Un motorista faleceu na noite deste martes no municipio de Vigo despois de que o vehículo no que circulaba chocase contra unha ambulancia na Avenida de Madrid que non levaba ningún paciente.

|

O home, de 50 anos, faleceu no lugar do sinistro. Outras dúas persoas foron atendidas e trasladadas ao Hospital Povisa.



A ambulancia no momento do choque non levaba ningún paciente no seu interior.


Ambulancia Do 061 Galicia



Un motorista faleceu na noite deste martes no municipio de Vigo despois de que o vehículo no que circulaba chocase contra unha ambulancia na Avenida de Madrid que non levaba ningún paciente.


Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon nas proximidades da estación de autobuses, ao redor das 21,45 horas deste martes.


Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente, tras o que os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que nada puideron facer por salvarlle a vida ao motorista.


En concreto, o 061 enviou dúas ambulancias ao lugar para atender a tres persoas, dúas que foron levadas ao Hospital Povisa, o home D.A.A., de 41 anos, e a muller N.Q.B., de 26. Pola súa banda, tras realizarlle as manobras de reanimación confirmouse o falecemento no lugar do home S.J.A.P., de 50 anos.



Fuentes sanitarias indicaron que no interior da ambulancia contra a que chocou a motocicleta ían dous técnicos, pero non trasladaba ningún paciente no momento do accidente.


Ademais, por parte do CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE