Entra no cárcere a muller do extesorero do PP Luís Bárcenas
No Partido Popular sempre houbo moito temor ao que podía desvelar Bárcenas se Rosalía Iglesias entraba en prisión. Agora empeza a cumprir a súa condena de 13 anos pero
está por ver se o ex-senador tira máis da manta.
No Partido Popular sempre houbo moito temor ao que podía desvelar Bárcenas se Rosalía Iglesias entraba en prisión. Agora empeza a cumprir a súa condena de 13 anos pero está por ver se o ex-senador tira máis da manta
Rosalía Iglesias, a muller do extesorero do PP, Luís Bárcenas, ingresou este domingo no cárcere de mulleres de Alcalá (Madrid) para cumprir os 13 anos de cárcere que lle impuxo o Supremo .
Iglesias apurou o prazo de dez días que lle deu a Audiencia para entrar no cárcere dous anos e sete meses despois de que o fixese o seu marido, quen recentemente pediu o traslado da prisión de Soto del Real á de Alcalá Meco para estar preto da súa esposa.
Nada máis entrar no cárcere os funcionarios tomáronlle as pegadas e fixéronlle fotos, ademais de anotar os seus datos no libro de ingresos cun número asignado de interna.
Segundo marca o procedemento habitual de ingreso nun centro penais, terá un primeiro recoñecemento médico e será entrevistada nas próximas horas polo traballador social e outros profesionais da prisión para decidir módulo.
A clasificación de grao designarase antes de que pasen dous meses, e, aínda que Iglesias elixiu esta prisión, podería tamén solicitar nun futuro un cambio de centro ou a propia dirección considerar oportuno un traslado.
Escribe o teu comentario