​(VÍDEO) Gadis cambia o “Vivamos como galegos” por “Non vas poder con nós” como berro de guerra ante a COVID-19

A compañía volve emocionar a toda a sociedade galega co seu novo anuncio, onde apela á unidade e á resiliencia do pobo galego para superar esta crise.


|

A compañía volve emocionar a toda a sociedade galega co seu novo anuncio, onde apela á unidade e á resiliencia do pobo galego para superar esta crise.


A campaña tardou poucas horas en volverse viral e xa son moitos os que se uniron aos hashtag #NonVasAPoderConNós ou #QCHDN.



Gadis preparaba un novo anuncio e, como vén sendo habitual, non deixou a ninguén indiferente. A cadea de supermercados levaba tempo dando pinceladas nalgúns recunchos da comunidade, onde os viandantes rexistraron cos seus teléfonos como estaba a ser a rodaxe dalgúns dos escenarios escollidos para o anuncio. Unha campaña que se converteu en todo un evento anual e que este ano, como non podía ser doutra forma, ten ao coronavirus como indeseado protagonista.


Desde Gadis pretenden lanzar con este anuncio un berro de ánimo a toda a poboación, lembrando os momentos máis duros da primeira onda e todas as emocións que o confinamento nos fixo sentir. O anuncio comeza lembrando todo aquilo que frustrou a pandemia: “Fixeches que sentísemos morriña sen saír de casa. Roubaches os abrazos, os recreos, as festas, as verbenas…”.


Con todo, na campaña publicitaria lembra que este tamén foi un ano de alegrías para aqueles que se namoraron, polos nenos que naceron, polas vodas que se celebraron… Ademais, recalca a beleza de Galicia e alude a que o COVID-19 non poderá coas paisaxes privilexiadas de Galicia, a súa gastronomía ou a súa cultura ancestral.



Dacabalo pola ponte de Rande, a catedral de Santiago ou a muralla romana de Lugo son, xunto o rural, algúns dos lugares escollidos para filmar o anuncio, no que tamén hai sitio para a xente de fóra, á que Galicia espera recibir cos brazos abertos de fronte ao Xacobeo 2021, que no anuncio xoga un papel crucial.


Desde Galicia compartimos este berro con todo o mundo”. Así, mandan mensaxes en inglés, francés, chinés, alemán, xaponés ou italiano para advertir á enfermidade de que, pase o que pase, e se respectamos as distancias de seguridade e facemos uso da máscara, “non vai poder con nós”.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE