Nove escolas e institutos galegos teñen máis de sete casos activos de coronavirus pese ao primeiro indicio de mellora

Lista completa de centros con algún caso activo no interior.


|

Este luns hai 95 casos activos de coronavirus máis en Galicia que o pasado venres. Non é un bo dato, pero é a primeira vez, desde a primeira semana de curso, que os casos activos crecen en unha fin de semana menos que na fin de semana anterior. Outro indicio de que poida que Galicia poida dobrar a súa curva pronto.  





Os positivos nas aulas non universitarios suman xa os 1.181 afectados, preto dun centenar máis respecto ao balance realizado polas autoridades sanitarias este sábado e 300 contagios de incremento no últimos sete días.

46 AULAS PECHADAS
A situación obriga a manter pechadas polo menos 46 aulas en todo o territorio por decisión das autoridades sanitarias, ademais doutras unidades que ven afectadas por clausuras decididas polo propio centro, por protocolo ou por confinamentos preventivos.

Tamén permanece pechada unha escola infantil, a Golfiños de Lugo, con cinco positivos e reabriu o punto de atención á infancia de Boborás (Ourense), que permanecía clausurado debido aos casos detectados no centro.

A evolución de casos activos nos centros vai en paralelo ao do resto da sociedade. Galicia conta a día de hoxe con 9.376, especialmente en Vigo, A Coruña e Santiago, dos que máis do 10 por cento son alumnos e docentes, 1.181..

DOCE AULAS PECHADAS EN VIGO
Do mesmo xeito, a área de Vigo mantense como o principal foco de contagios nos centros galegos con 313 casos en total e polo menos 12 aulas pechadas en varias garderías e escolas da cidade olivica.

Este núcleo de poboación rexistra á súa vez o maior número de casos detectados ata o de agora nun centro desde o arranque do curso e o máis grave de Galicia desde o punto de vista o total de positivos.

En concreto, trátase de centro privado plurilingüe Santiago Apóstolo de Vigo, que conta este martes con polo menos con 14 positivos. Tamén é reseñable a situación o CPR Lareira, en Mos, que mantén unha decena de casos por COVID-19 nas súas instalacións.


Colexio Aposto Santiago de Vigo nunha imaxe de Google Street View

Colexio Aposto Santiago de Vigo nunha imaxe de Google Street View  


EVOLUCIÓN NA CORUÑA

Os centros da área sanitaria coruñesa son os que contan con máis número de positivos despois da viguesa, con 197 casos e polo menos sete aulas pechadas. Por número de contagios, destacan o IES Maximino Romero de Lema de Zas e o IES Agra de Leborís da Larcha, que presentan nove e oito positivos, respectivamente.

DOUS CENTROS CON OITO CASOS EN SANTIAGO
A zona de influencia de Santiago é a terceira en total de positivos, con 160 contagios. O CEIP Pio XII e o San José de Cluny, con oito casos, e o La Salle (con sete) son os puntos de maior incidencia na capital galega.

Ademais de Compostela, Pontevedra e Ferrol rexistran uns 135 e 133 casos, esta última pasando de ser unha das zonas con mes casos a experimentar un incremento exponencial na súa evolución epidemiolóxica.

Entre eles, destacan o IES Leixa de Ferrol con 8 contagios, o CIFP Ferrolterra con sete, ou o CEIP Plurilingüe Sacro Corazón de Jesús, de Pontevedra, con oito casos de COVID-19.

DOCE CASOS NO LUCUS AUGUSTI
Pola súa banda, a área de Lugo presenta 128 casos e a única escola pechada en toda Galicia nestes momentos, aínda que presenta situacións preocupantes como os 12 positivos confirmados no Lucus Augusti.

Ourense, pola contra, pasou de ser a zona de maior incidencia a situarse como a que rexistra menor número de positivos de toda a comunidade, con 115.


Esta é a lista completa de centros escolares non universitarios con algún caso activo de coronavirus en Galicia, difundida hoxe polo SERGAS:



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE