Noite de altercados e saqueos en Barcelona polas protestas de grupos de extrema dereita
A cidade condal viviu unha noite de revoltas pola celebración dunha manifestación contra as medidas adoptadas polo Govern e o Goberno de España. A noite saldouse con dous establecementos saqueados, contedores incendiados, mobiliario urbano roto ou danado e ata unha ducia de detencións, entre elas dous menores.

Saqueos en Barcelona
A protesta, iniciada na Praza Sant Jaume, derivou nun altercado violento onde ata sete manifestantes e unha vintena de axentes -uno deles presentaba feridas graves- tiveron que ser atendidos polos servizos médicos. As autoridades sinalan aos responsable como “grupos de extrema dereita moi violentos e organizados”.
A manifestación foi secundada por preto dun milleiro e medio de persoas e nun primeiro momento desenvolveuse de forma pacífica ao comezo da tarde. Os manifestantes protestaron polas medidas contra o coronavirus, entre elas a decisión de pechar cinemas e teatros.
Segue lendo a noticia en Catalunyapress.
Escribe o teu comentario