Xinzo, Culleredo e Viana do Bolo entran en alerta vermella por coronavirus, nivel onde xa están máis de 40 municipios

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia de coronavirus na última semana aumentou este xoves ata os 41, dous máis que a xornada anterior.

|

Salceda de Caselas, que baixa a alerta laranxa, é un dos poquísimos municipios que mellora a súa situación.


NIVEL VERMELLO
En concreto, ascenden a este nivel vermello o municipio coruñés de Culleredo e fano tamén os ourensáns de Xinzo de Limia e Viana do Bolo, mentres que no caso de Pontevedra Salceda de Caselas sitúase, en comparación á xornada do mércores, no nivel dous.



Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días





Segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia as cidades da Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo; así como os municipios de Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Fene, Muros, Narón, Oleiros, Pontedeume e Teo, na provincia da Coruña.

Na de Lugo, faio Monforte, mentres que na de Ourense mantéñense os de Barbadás, O Carballiño, Ribadavia e Verín. No caso de Pontevedra, os municipios de Cangas, A Estrada, Gondomar, Lalín, Marín, O Porriño, Poio, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui e Vilagarcía de Arousa seguen en alerta vermella.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112--, Ourense --máis de 120--, A Coruña --máis de 276-- e Vigo --máis de 332--.

NIVEL LARANXA
Mentres, en situación dúas --na cor laranxa do mapa-- sitúanse 26 municipios, tres máis que o martes, con 14 municipios na provincia da Coruña: Ares, Arzúa, Boiro, Boqueixón, Brión, Cerceda, A Laracha, Neda, Ordes, Ponteceso, Sada, Santa Comba, Valdoviño e Oza de Cesuras; tres na de Lugo: Cospeito, A Fonsagrada e Viveiro e dous na de Ourense: Allariz e Monterrei.

No caso de Pontevedra, son sete os que figuran neste nivel de alerta: Cambados, A Cañiza, Cuntis, Mos, Nigrán, Salceda de Caselas --que pasa do nivel tres a este segundo-- e Cercedo-Cotobade.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.


COMPARATIVA CO MAPA A 14 DÍAS


Cotexando os mapas de alerta a 7 e 14 días podemos observar como evoluciona a pandemia en Galicia. Trives e Ou Courel son das poquísimas comarcas sen ningún concello con alerta. 






Polo demais, en toda Galicia empeorou a situación, especialmente na zona da franxa Atlántica.  Unha das poucas excepcións é A Baixa Limia, onde xa non queda ningún municipio con alerta tras saír Entrimo do nivel 1.


Mapa alertas



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE