O coronavirus en Galicia bate récords de mortes e de positividade a pesar dun mínimo alivio de novos diagnósticos

Galicia detectou outros 525 positivos por Covid-19, deles 137 na área de Vigo, e supera os 7.000 casos activos ao situarse con 7.074, o que supón un incremento de máis de mil desde o venres pasado.

|

Sendo malos, as cifras hoxe de novos diagnósticos de coronavirus en Galicia non son tan pésimas como as de onte.  De feito, os 525 novos positivos constitúen a menor cantidade no últimos catro días. Con todo, o que si é pésima é a taxa de positividade, que por vez primeira dispárase por encima do 9%. É o segundo día seguido en que esta taxa bate a súa record. Un agoiro moi preocupante.


Ese repunte na positividade débese en gran medida a que o SERGAS leva dúas xornadas facendo menos PCRS. Onte fixo menos de 5.700, cando a media diaria está nuns 7.100. Non se facían tan poucas probas desde hai 8 días, a pesar do crítico da situación. Con todo, para ser xusto tamén hai que sinalar a media semanal, os 7.100 diarios, está en niveis récord de probas.


MÁIS DE MIL ENFERMOS MÁIS EN SÓ UNHA SEMANA

Galicia detectou outros 525 positivos por Covid-19, deles 137 na área de Vigo, e supera os 7.000 casos activos ao situarse con 7.074, o que supón un incremento de máis de mil desde o venres pasado.







Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste martes na web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste luns, nas que se constata que esta segunda onda rexistra a cuarta cifra máis elevada da pandemia en Galicia en canto a positivos confirmados por PCR en 24 horas cos 525; tras os 687 do sábado 24 de outubro, os 603 do luns pasado e os 597 do domingo 25. Na primeira, o volume maior corresponde ao 29 de marzo, con 516.

DATOS POR ÁREAS SANITARIAS
Por áreas sanitarias, detectáronse 137 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas en Vigo; 86 na da Coruña e Cee; 73 na de Ferrol; 69 na de Ourense; 66 na de Pontevedra e O Salnés; 60 na de Santiago e Barbanza; e 34 na de Lugo.






En canto aos casos activos, aumentan en todas as áreas sanitarias galegas ata 308. Soben en 115 na de Vigo ata os 1.358; a de Ferrol suma 58 ata os 546; a de Pontevedra rexistra 727 --44 máis--; a da Coruña conta con 1.201 --outros 34 máis--; a de Ourense sobe en 33 ata os 1.423; e a de Santiago e Barbanza ten 1.128, o que supón seis máis que o luns.


Eses 308 casos activos máis supoñen un incremento do 4,6% respecto a os da xornada pasada. De media, cada día están a aparecer en Galicia un 4,5%, segundo a media móbil a 7 días da porcentaxe de cambio diario. Como ese 4,5% é a maior cifra desta terceira onda, poder deducir que, lamentablemente, por agora non hai ningún indicio firme de Galicia vaia dobrar a súa curva pronto.




AUMENTO CONSTANTE DE HOSPITALIZADOS


A nivel hospitalario, a peor situación continúa en Ourense, onde xa hai 91 persoas hospitalizadas, 16 na UCI. A ocupación hospitalaria, un dos indicadores máis fiables da pandemia, leva 17 días seguidos crecendo en Galicia.  Onte tiveron que ser ingresadas polo menos 12 persoas. 


En só unha semana, polo menos 124 galegos tiveron que ser hospitalizados por COVID-19.  Son xa 459 as persoas hosptilizadas no país. Delas, 58 están en coidados intensivos, polo que é inevitiable que o cómputo de decesos continúe crecidendo.


Con todo, o SERGAS non parece o perigo de colapso, polo menos a curto prazo. As camas ocupadas por pacientes COVID-19 supoñen aproximadamente o 5,4% do total dispoñible. En España a media anda polo 13% e só dúas autonomías, Asturias e Cantabria, están mellor que Galicia. Aínda así, o coronavirus xa demostrou en pasadas ocasións a súa capacidade de encher rapidamente os hospitais. En menos de dúas semanas a ocupación de camas por enfermos covid en Galicia pasou do 3,4% ao 5,4%.





Ata a data na Comunidade galega curáronse 25.804 persoas, o que supón 219 que os rexistrados ata este luns. E leváronse a cabo 646.233 PCR fronte ás 640.621 contabilizadas a xornada anterior.

RÉCORD DE FALECIDOS TRAS A PRIMAVERA
Galicia rexistra ata a data 880 falecidos con Covid-19, tras notificar Sanidade este luns a morte de 12 persoas con coronavirus, o que supón a maior cifra de falecementos comunicados nunha xornada nesta segunda onda da pandemia. Na primeira onda houbo días de máis de 20 falecidos.

En todo caso, este número de vítimas mortais é o máis alto comunicado nunha mesma xornada desde o pasado 26 de abril, cando Sanidade informou de 15 falecidos. O día con máis mortos en toda a pandemia notificados foi o 3 de abril, con 27.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.


IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (4)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE