Vigo, Fene, Barbadás, Redondela, Marín e Xinzo entran no nivel de alerta 3; case 30 localidades en vermello

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este sábado ata os 29, catro máis que a xornada anterior, ao entrar nesta situación Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo e rebaixar a súa alerta O Barco e Nigrán.

|

Galicia contiúa coa súa escalada de casos de coronavirus, algo que se plasma nos mapas da Xunta de Galicia.


O nivel vermello de alerta sanitaria, o máximo nivel marcado polo Goberno de Galicia, está cada vez máis presente na comunidade galega, con case unha trintena de Concellos afectados. Hai máis municipios no nivel 3 que no 2. 





Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 7 días


O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o 3, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse este sábado ata os 29, catro máis que a xornada anterior, ao entrar nesta situación Fene, Marín, Redondela, Vigo, Barbadás e Xinzo e rebaixar a súa alerta O Barco e Nigrán.

Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, repiten en nivel 3 pola pandemia os concellos de Ferrol, Lalín, Ourense, O Carballiño, Verín, Narón, Oleiros, Arteixo, A Laracha, Ordes, Mesía, Santiago, Ames, Teo, A Estrada, Vilagarcía, Pontevedra, Poio, Cangas, Tui, Salvaterra, Monforte e Lugo.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112-- e Ourense --máis de 120--.


Mapa de alertas por municipios en función de novos casos confirmados por PCR en 14 días


ALERTA LARANXA

Mentres, en situación dúas --na cor laranxa do mapa-- sitúanse 22, tres máis que este venres. Do total, 11 repiten nesta lista: O Porriño, Neda, A Coruña, Culleredo, Mos, Gondomar, Boborás, Malpica, Muros, Oroso e Vilaboa.

Na alerta laranxa han entrado este sábado Carballo, Cambre, Carral, Brion, Boiro, Cuntis, Soutomaior, O Barco, Bóveda, Nigrán e Ponteareas. Fene, Marín, Vigo, Barbadás, Xinxo e Redondela, que estaban este venres en nivel 2 empeoraron a súa situación e entraron en nivel vermello, mentres que Noia e Monterrei pasan a nivel amarelo.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con entre 138 e 332 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes --só Vigo e A Coruña, neste caso-- e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE