Vigo suma case un centenar de novos casos de COVID, preocupación en Ferrol e crecen as demais áreas

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación na área santiaria de Vigo empeora a cada xornada que pasa. Con case un milleiro de casos activos, a olívica é a segunda área con máis casos.


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación na área santiaria de Vigo empeora a cada xornada que pasa. Con case un milleiro de casos activos, a olívica é a segunda área con máis casos.


O escenario tampouco mellora nas demais áreas sanitarias, xa que, salvo Ourense que rexistra un pequeno descenso, as demais manteñen a súa escalada.



A área de Vigo está a levarse a peor parte estes días. No que vai de semana a área olívica suma case 300 casos: 287 casos activos máis desde o luns. Hoxe rexistra a peor subida destes catro últimos días con 95 novos casos. Son cifras que sen dúbida lembran ao peor da primeira onda, cando a pandemia golpeo de forma severa ás residencias da área viguesa. Nas últimas 24 horas as probas PCR confirmaron 111 casos positivos, cunha porcentaxe de positividade do 7,5%.


Ferrol, en cambio, é a que rexistrou menos casos positivos nas súas probas PCR: 35 casos confirmados. Con todo, o índice de positividade da área ferrolá álzase ata o 11,3% e a área sanitaria crece en 32 casos activos máis -é a área máis pequena pero a terceira que máis casos novos rexistra esta xornada-, o que debuxa un escenario moi pouco prometedor na comarca. De feito, Narón atópase no nivel de alerta 3, mentres que Ferrol, Neda e Fene atópanse no nivel 2. 


Mentres, Santiago de Compostela segue coa súa escalada de casos activos. Na última semana a área da capital engadiu ás súas cifras oficiais 252 casos máis; hoxe son 40 os que hai que sumar. Nas últimas 24 horas as probas PCR confirmaron 78 positivos por coronavirus, cunha porcentaxe de positividade do 7,6%. Teo, Ames, A Estrada ou a capital galega atópanse no nivel máximo de alerta.


Nunhas cifras parecidas en canto a contagios atópase Ourense, que onte contabilizou 76 novos positivos nas súas probas PCR, cunha positividade próxima ao 10%. A situación na área ourensá non parece mellorar ao ritmo esperado, a pesar de que este xoves é a única das sete áreas galegas que rexistra un descenso, aínda que mínimo: cinco casos menos. 


Pontevedra, con 26 casos máis, e Lugo, con 24, tamén ven crecer os seus algarismos. Na área pontevedresa as probas PCR detectaron 50 novos positivos, por 46 na lucense; a positividade é do 5 e o 5,4% respectivamente. 


Doutra banda, en A Coruña a situación segue sendo complicada, cos municipios da Laracha, Arteixo e Oleiros no nivel de alerta 3. Con todo, hoxe só suma seis novos casos ás súas cifras, a pesar de que onte as probas PCR detectaron 65 contagios. A porcentaxe de positividade na área herculina sitúase no 5,2%. 


As cifras de esta xornada manteñen a media semanal galega en positivo ao engadir 218 novos casos ás cifras galegas. Isto provocou que a comunidade creza a un ritmo do 3,2%.





Segundo os datos de as notas de prensa de o SERGAS, este xoves 22 de outubro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.675, dos cales 911 son da área da Coruña, 542 de Lugo, 1.489 de Ourense, 564 de Pontevedra, 995 da área de Vigo, 891 de Santiago e 283 de Ferrol. 


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (28)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE