Alerta vermella Lugo, Pontevedra, A Estrada, Oleiros e cinco municipios máis ante o avance do coronavirus

O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o tres, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse a 21, oito máis que o martes, ao activarse o aviso en Lugo, Pontevedra, Poio, Tui, Salvaterra, A Estrada, Mesía e Oleiros.

|

O corredor atlántico e a Galicia costeira sofren, en termos xerais, un maior empeoramento. O Barbanza, A Costa da Morte e A Mariña son as únicas comarcas da costa que aguantan case sen alertas.


O número de municipios galegos no nivel máximo de alerta, o tres, pola incidencia do coronavirus na última semana elevouse a 21, oito máis que o martes, ao activarse o aviso en Lugo, Pontevedra, Poio, Tui, Salvaterra, A Estrada, Mesía e Oleiros.


Ademais, segundo consta no mapa 'semáforo' actualizado diariamente pola Consellería de Sanidade, continúan no nivel tres pola pandemia os concellos de Ourense, O Carballiño, O Barco, Verín, Santiago, Arteixo, A Laracha, Narón, Culleredo, Ordes, Ames, Vilagarcía de Arousa e Cangas do Morrazo.






A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días, fóra de Lugo e Pontevedra. Estas dúas, ao ter máis de 50.000 habitantes, están en alerta vermella por sumar máis de 112 contagios no caso da cidade da muralla, e máis de 96 na do Lérez.

NIVEL LARANXA
Mentres, en situación 2 --no nivel laranxa do mapa-- sitúanse 15 municipios, catro menos que o martes. Trátase de Ferrol, A Coruña, Carballo, Teo, Vilanova de Arousa, Lalín, Marín, Vigo, Nigrán, Gondomar, Mos, O Porriño, Barbadás, Boborás e Monforte de Lemos.

En cor laranxa inclúense municipios de máis de 50.000 habitantes con 56 e 111 casos novos de COVID-19 á semana por 100.000 habitantes e nos de menor poboación que presenten entre 14 e 20 casos. 


COMPARATIVA CO MAPA A 14 DÍAS


Cotexando os mapas de alertas a unha semana e a dúas semanas pódese intuír a evolución da pandemia en Galicia.


Os municipios da costa sur da provincia de Pontevedra están entre os que máis empeoraron. Só O Grove, Bueu, Oia, O Rosal e A Guarda mantéñense sen alertas. Pola contra, a costa norte de Galicia presenta unha incidencia moito menor, sendo Narón o municipo máis norteño con algunha alerta.


O Barbanza é unha das poucas zonas que parece que está a mellorar. Só Ribeira mantense con alerta amarela no mapa semanal, cando no mapa a dúas semanas teñen alerta todos menos A Pobra.




Imaxe correspondente ao mapa do 21 de outubro que indica os novos casos confirmados por PCR no últimos sete días




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE