Récord de positivos nas escolas e institutos, 83 máis desde o venres e segunda escola pechada por coronavirus
Hai cinco centros con 8 positivos. Sete son de Ourense (CPR Plurilingüe Sacro Corazón, CPR Plurilingüe Luís Vives, CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, IES O Couto) e un de Tomiño, o IES Antón Alonso Ríos. A pesar diso, a Xunta non confirmou publicamente ningún brote de orixe escolar. Listaxe completa de centros afectados no interior da noticia.
O aumento desde experimentado desde o venres é o maior salto na estatística de diagnósticos entre a comunidade escolar non universitaria.
Hai cinco centros con 8 positivos. Sete son de Ourense (CPR Plurilingüe Sacro Corazón, CPR Plurilingüe Luís Vives, CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús, IES O Couto) e un de Tomiño, o IES Antón Alonso Ríos. A pesar diso, a Xunta non confirmou publicamente ningún brote de orixe escolar.
Entrada do IES de Tomiño nunha foto de Google Street View , onde hai oito positivos tras descubrirse os primeiros casos a principios de mes, en torno ao día 9
A incidencia da Covid-19 nos centros educativos ha experimentado un repunte nas últimas xornadas. Segundo os datos facilitados polas autoridades sanitarias, os positivos superan xa os 600 nestas instalacións, en concreto 84 máis que os informados o sábadou, obrigaron a pechar un punto de atención á infancia en Boborás (Ourense).
DOUS CENTROS INFANTÍS PECHADOS
En total, son dous os centros que permanecen clausuradas debido aos casos de coronavirus: o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Boborás, cun positivo, e a escola infantil Santa Ana en Celanova, que conta con dous casos confirmados por COVID-19.
Con estes son xa tres as instalacións educativas que se viron obrigadas a pechar debido á incidencia da pandemia desde o inicio de curso, xunto co colexio plurilingüe Calasancio de Pontevedra. Este centro pechou ao principio do curso e xa reabriu.
A maiores, hai 22 aulas clausuradas en todo o territorio galego. Esa cifra é unha menos que o venres, última vez que a Consellería de Sanidade remitiu sanidade.
LEVE MELLORA EN OURENSE
A área de Ourense segue rexistrando as peores cifras de contagios de toda Galicia e mantén seis unidades pechadas, ademais destas dúas escolas infantís.
A pesar diso, conta con menos casos que o sábado, 157 positivos respecto a os 182 indicados no último balance de positivos en activo. É dicir, a situación entre a comunidade educativa mellora á vez que a situación en xeral da área sanitaria.
Escribe o teu comentario