Unha empresa compostelá consegue reducir os tempos de trámites de 3 horas a 20 minutos con robots
O ensaio piloto que se está celebrando no Concello de Rois tivo polo momento uns resultados sobresalientes.
Audicon, empresa que impulsa este proxecto cos robots, podería dotar de máis recursos para este tipo de tarefas aos gobernos locais.
Este mércores, presentouse en Santiago este proxecto que impulsa a empresa compostelá Audicon, que conseguiu que robots reduzan tempos de tarefas de tres horas a 20 minutos no municipio de Rois.
En concreto, puxéronse en marcha catro robots que traballan como unha aplicación software e realizan as tarefas dun traballador, pero a velocidades máis rápidas e sen erros. Para estes procesos habitualmente tediosos úsase a tecnoloxía informática RPA (Robotic Process Automation).
O alcalde Rois, Ramón Tojo, destaca que esta experiencia de automatización serve para optimizar os escasos recursos cos que contan as administracións locais.
A interventora do Concello, Begoña Collazo, explica que o proceso de comunicación do orzamento anual do Concello ao Ministerio de Facenda é unha obriga legal que require cubrir unha ducia de formularios na oficina virtual. Así, o programa piloto conseguiu cumprimentar de forma automática cinco deses documentos nuns 20 minutos, cando habitualmente leva unhas tres horas.
Este sistema RPA está a probarse tamén na Deputación de Badaxoz, mentres os responsables de Audicon espera ampliar a súa implantación noutros concellos galegos en próximos meses.
Escribe o teu comentario