Diego Mariño: de ter as horas contadas capitanear ao Sporting líder
O cérbero vigués está a callar un soberbio arranque de tempada co que despexar todas as dúbidas xeradas este verán.
O cérbero vigués está a callar un soberbio arranque de tempada co que despexar todas as dúbidas xeradas este verán.
Mariño volve ser o dono do arco do Molinón | Foto: Sporting de Xixón
Parecía telo todo feito co Celta de Vigo e que este sería o ano do seu regreso a Primeira División, pero como dixo hai unhas semanas “o mercado é o que é”, e Diego Mariño volverá demostrar a súa valía na división de prata do fútbol nacional. Despois dun verán cheo de rumores que aventuraban un futuro lonxe do Molinón, Mariño demostrou unha vez máis que na súa cabeza só está o Sporting, e así o testemuñan os seus 360 minutos imbatido.
Na súa quinta campaña no club xixonés, o gardameta, con máis de cen presencias vestindo a elástica branquivermella, erixiuse, un ano máis, como un dos alicerces do conxunto dirixido por David Gallego. Nesta tempada na que o Sporting apenas realizou fichaxes, o equipo asturiano necesita dos seus mellores homes para resarcirse despois dunha tempada tan decepcionante como a anterior, onde mesmo chegou a coquetear co descenso.
Con todo, froito de manter a súa columna vertebral e ao excelente rendemento que están a ofrecer xogadores como Djurdjevic –catro goles en catro paridos-, Babin ou Javi Lume, o Sporting de Xixón levantouse ata a primeira posición e suma un pleno de vitorias.
Este ano, onde cocos como Espanyol, Leganés, Raio ou Almería postúlanse como os máis firmes candidatos ao ascenso, no Molinón están obrigados a contar coa mellor versión do seu cérbero, que polo momento non decepcionou coas súas catro imbatibilidades consecutivas. E está difícil que Mariño decepcione á parroquia sportinguista despois de gañar por terceiro curso seguido o ‘Molinón de prata’ que outorga a inchada do club asturiano ao seu mellor xogador e que a leva a ser considerado o favorito dos incondicionais do club branquivermello.
Escribe o teu comentario