Outros dous grandes brotes de coronavirus en residencias afectan a Vos Gozos (Monterrei, Pereiro de Aguiar) e Val de Monterrei (Albarellos, Monterrei) en Ourense

Parece imposible, pero volveu a suceder. Dous grandes brotes arrasan aos anciáns residentes doutras dúas novas residencias galegas. 


|

O centro de Albarellos está na N525, o xestiona a empresa Val de Monterrei e ten 59 prazas autorizadas e hai 46 positivos. A residencia Vos Gozos está xestionada pola Fundación San Rosendo, está nos arredores de Ourense preto das piscinas de Monterrei, ten 198 prazas autorizadas e hai 106 positivos.


Parece imposible, pero volveu a suceder. Dous grandes brotes arrasan aos anciáns residentes doutras dúas novas residencias galegas. 


En Val de Monterrei deron positivo aproximadamente o 77% dos residentes. En Vos Gozos, unha dos maiores centros de Galicia, deron positivo aproximadamente o 53% das persoas que alí viven.


As autoridades sanitarias han detectado dous novos brotes de grandes dimensións en residencias da provincia de Ourense, a máis afectada en Galicia nestes momentos pola covid-19, que suman máis de 150 infectados.


Residencia Vos Gozos en Monterrei concello de Pereiro de Aguiar nos arredores de Ourense preto dunhas instalacións deportivas nunha imaxe da Fundaciu00f3n San Rosendo


Residencia Vos Gozos en Monterrei concello de Pereiro de Aguiar nos arredores de Ourense preto dunhas instalacións deportivas 


En concreto, trátase da residencia Vos Gozos, de Pereiro de Aguiar, onde se detectaron 106 novos contagios de coronavirus, así como a residencia Val de Monterrei, onde hai 46 usuarios infectados.

Con iso, na residencia de Pereiro de Aguiar son xa 109 os maiores contaxiados, o que a converte no segundo centro de Galicia con máis casos tras a DomusVi Lugo, de Outeiro de Rei, que mantén 130 casos activos, aínda que neste caso están en diminución.

Así mesmo, a residencia Val de Monterrei, con 46 afectados, convértese na terceira con máis casos, unha cifra que iguala con outro centro da provincia de Ourense, Nosa Señora do Viso, de Lobeira. A Residencia do Incio, pola súa banda, mantén 42 usuarios infectados.

A evolución da covid-19 na provincia de Ourense nos últimos días levou á Xunta a impoñer nesta provincia algunhas das medidas máis duras para a súa contención, entre elas o confinamento perimetral da cidade de Ourense e do municipio de Barbadás, que están pechados desde esta medianoite. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE