Ourense dá indicios de chegar a un pico? Segundo día seguido que caen os positivos de coronavirus

Boas noticias, relativamente, as que chegan hoxe desde Ourense. Os 70 novos contagios detectados o martes na provincia é a menor cifra en seis días. Aínda que aínda é pronto para falar dunha melloría real, é o primeiro indicio de que a área sanitaria pode estar doblengado a curva do seu brote.

|

Boas noticias, relativamente, as que chegan hoxe desde Ourense. Os 70 novos contagios detectados o martes na provincia é a menor cifra en seis días. Aínda que aínda é pronto para falar dunha melloría real, é o primeiro indicio de que a área sanitaria pode estar doblengado a curva do seu brote.


Optimismo ao que tamén se agarra o alcalde da capital. Gonzalo Pérez Jácome acaba de informar que na urbe hai 511 contaxiados. Son 10 máis que onte, pero tamén é un aumento menor que o de antonte.  O líder localista estima que "o punto de inflexión albíscase".





Entón, está Ourense facendo retroceder xa ao coronavirus? A taxa de incidencia acumulada indícannos que aínda é demasiado temperán para afirmar tal cousa, polo que as restricións -incluído o confinamento perimetral decretado onte- durarán tempo.





De feito, a taxa de incidencia acumulada a 7 días segue subindo. Está en 203 contagios por 100.000 habitantes á semana na área sanitaria, que coincide coa provincia. 


Como informou esta mañá o SERGAS, o índice ourensán a nivel provincial cuadriplica a media galega, que anda polos 54 casos por 100.000 habitantes á semana. 


É probable que a incidencia acumulada a nivel da cidade sexa aínda peor. Desgraciadamente, é imposible deducila porque o SERGAS non informa dos novos positivos. Iso si, publícanse a diario tras o muro de pago de A Voz. 


Con todo, e ademais de a lixeira melloría en case todas as outras áreas, hai varias series de datos ourensás ás que agarrarse para ser optimista. 





Así, a positividade onte foi a menor en seis días, un 7,2% dos test deu positivo. O cambio de casos activos, 39 mais, é o menor en catro días. Os novos positivos de onte, 70, a cifra máis pequena en tres días. 


Ademais, tras unha inexplicable baixada dos PCR fai unhas xornadas, parece que o SERGAS está a pisar o acelerador. Onte completou 969 test, a maior cifra do últimos catro días.


Como era de esperar, non hai mellora aínda na fronte hospitalaria. Son 71 os encamados na provincia:  49 en Ourense, 9 en Verín, 5 no Barco e 2 en COSAGA na cidade. A estes hai que engadir   9 na UCI do CHUO.


Onte só contabilizouse un falecemento, tras os tres de antonte.




ZZB1s coronavirus no rea sanitaria de ourense evoluci n recente nbsp



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE