Unha empresa galega lanza un xel hidroalcohólico que á vez é un perfume

Aproveitando o evidente boom da demanda de xeles hidroalcohólicos, lanzou, baixa a marca familiar, "esencias puras que buscan identidades propias a partir dunha liña de cosmética saudable e con base científica".


|

Onde moitos ven unha crise que cerna os seus proxectos, outros descobren novas oportunidades empresariais. É o caso de Pereira 1903 que se converte" na primeira firma de cosmética en lanzar unha gama de sprays hidroalcohólicos con aromas que teñen un triplo uso: perfume persoal, de fogar e solución hidroalcohólica".


María Sobral Pereira é xa a cuarta xeración de farmacéuticos galegos de Redondela. Aproveitando o evidente boom da demanda de xeles hidroalcohólicos, lanzou, baixa a marca familiar, "esencias puras que buscan identidades propias a partir dunha liña de cosmética saudable e con base científica".



All Over Spray Ambientador Hidroalcoholico SpringLand Pereira 1903



A empresa promete que levan as proporcións adecuadas de auga, esencias e alcol,  polo que "teñen o poder de desfacer a membrana do virus ademais de cheirar de marabilla".


E a que cheiran? Pois hai tres variedades: Rosas & champagne, Summertime -que tamén se pode usar como perfume persoal- e Springland -con mestura de pomelo, limón, romeu e madeira de cedro e tamén utilizable como perfume. A compañía galega xa os ten á venda a través da súa web.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE