"Nun traballo corporal tócase moito" alega o adestrador de Vigo xulgado por abuso sexual

|

O acusado preguntou pola vida sexual da menor e pediulle que se quitase o suxeitador pero alega que o fixo para mellorar a defensa da loitadora de taekwondo.


O adestrador dun club deportivo de Vigo, acusado de abuso sexual a unha menor e xulgado na cidade olívica, negou que houbese motivación sexual nos tocamentos que realizou a unha nena á que preparaba na modalidade de taekwondo acrobático, e xustificou eses contactos alegando que se trataba de "traballos corporais". "Nos traballos corporais tócase moito", argumentou.


Un adestrador dun club de taekwondo de Vigo, no banco dos acusados por un suposto delito de abuso sexual a unha menor.

PÍDENLLE CINCO ANOS
A Fiscalía pide 5 anos de cárcere para este home ao que acusa de facer tocamentos sexuais á menor, á que convocara a unhas "clases especiais" na súa casa para mellorar a súa expresividade.

No xuízo, que se celebra na sección quinta da Audiencia Provincial, o procesado explicou que ofreceu esas clases á nena, de 15 anos de idade, porque "estaba bloqueada e non evolucionaba", e negou que os exercicios tivesen connotación sexual.

"UN CASO EXCEPCIONAL"
A ese respecto explicou que lle tocou en varias zonas do corpo, que lle dixo que se quitase o suxeitador e que lle preguntou pola súa vida sexual, todo iso era para tratar de mellorar o seu "bloqueo", aínda que admitiu que non fixo eses exercicios con ningún outro deportista do club porque "non lles facía falta". "Ela era un caso excepcional", xustificou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE