En corentena o conselleiro de Educación tras un positivo dun contacto próximo da súa contorna persoal
Unha PCR negativa achega algo de tranquilidade a Román Rodríguez. Con todo, hai que lembrar que se o contacto cun infectado é moi recente, o nivel do virus pode ser tan pequeno que escape á análise da PCR, polo que haberá que esperar uns días para confirmar que non está contaxiado.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informou de que, desde este venres, estará illado en corentena e traballando desde casa.
O conselleiro nun recente acto co alcalde de Santiago
Segundo indica no seu perfil de 'Twitter', permanecerá en corentena por un contacto cun positivo por covid na súa contorna persoal.
Román Rodríguez explicou que realizou unha proba PCR con resultado negativo.
SEGUINDO INDICACIÓNS SANITARIAS
En redes sociais, apunta tamén que se atopa ben e "seguindo as indicacións sanitarias".
"Coidémonos entre todos", apela o conselleiro, cuxo caso é o primeiro que transcende, dun illamento ligado coa pandemia, no seo do Executivo autonómico que lidera Alberto Núñez Feijóo.
Escribe o teu comentario