Positivos de anticorpos de coronavirus levan ao peche do Concello de Vilagarcía
O Concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) informou de que pecha a atención ao público ata o luns "por precaución" despois de facer probas serológicas da covid-19 a todo o persoal.
O alcalde decide que os traballadores non atendan ao público ata o luns por precaución, á espera de que os PCR confirmen ou desmenten varios positivos na proba de anticorpos. Ter anticorpos indica que ou se ten a enfermidade agora, ou se tivo no pasado. A PCR é a que determina que o virus está activo no presente.
Alberto Varela é alcalde de Vilagarcía
POR AGORA SÓ SON ANTICORPOS
O goberno local ha decidido pechar as súas portas ao público por precaución e, en principio, ata o vindeiro luns, despois de que nas probas serológicas realizadas a todo o persoal do Concello nos últimos días detectáronse algúns casos positivos de presenza de anticorpos da covid-19.Agora, os afectados terán que realizar un test PCR para confirmar ou descartar que sexan portadores do virus.
ANTECEDENTES VECIÑOS
Remarca o goberno local que en recentes casos, como en Vilaxoán ou Carril, tamén as primeiras probas deron positivas e os PCR confirmaron despois que se trataba de falsos positivos.En todo caso, "por un principio de prudencia", o Concello seguirá pechado.
O goberno local lamenta os inconvenientes que este peche temporal pode causar á cidadanía, pero apela á comprensión para evitar calquera posibilidade de contaxio. Por outra banda, os veciños teñen a súa disposición á atención telefónica e telemática a través da sede electrónica.
Escribe o teu comentario