Dobregando a curva do coronavirus en Galicia: segundo día consecutivo con máis altas que novos contagios



Se non aparecen novos focos de importancia, moi pronto poderemos afirmar que o peor dos rebrotes estivais quedou atrás. Por vez primeira este verán, Galicia acumula dous días seguidos con taxas negativas de casos activos e cun índice de PCR positivos inferior ao 5%, que é o máximo que estima a OMS para poder empezar a dicir que un brote está en vías de ser controlado.


|

Se non aparecen novos focos de importancia, moi pronto poderemos afirmar que o peor de os  rebrotes estivais quedou atrás.  Por vez primeira este verán, Galicia acumula dous días seguidos con taxas negativas de casos activos e cun índice de PCR positivos inferior ao 5%, que é o máximo que estima a OMS para poder empezar a dicir que un brote está en vías de ser controlado.


A autonomía suma hoxe 236 novos positivos. Esta cifra hai que deducila a partir do histórico doutros indicadores do SERGAS, pois o goberno segue sen facilitar o número de novos contagios , a pesar de relevancia para saber como evoluciona o virus. 


Os 236 novos positivos son produto de 2 falecementos, 55 casos activos menos e 289 altas.


BOA EVOLUCIÓN E MOITOS TEST

Por segundo día consecutivo as altas superan aos novos enfermos. Algo nunca visto desde o inicio dos rebrotes estivais. Cada vez podemos estar máis preto de que Galicia está a dobregar a súa curva epidemiolóxica.


A baixada de hoxe, ademais, non se debe a que Sanidade fixese menos test. De feito, realizou máis de 5.000 PCRs, cando a media segue sendo 4.400 probas ao día. En agosto, cando empezaron os problemas, era moi raro o dia que chegaba aos 3.000.


Como as cifras de determinada xornada poden non reflectir a evolución xeral, é máis significativo fixarse en como van as medias móbiles a sete días, que se poden consultar no menú despregable deste gráfico actualizado a diario por Galiciapress:





A media de novos positivos diarios retrocede ata 243 (dous menos que o sábado) e a de positividade no 5,6% (1 décimasmenos que onte). É dicir, a evolución dos dous indicadores máis significativos segue sendo á baixa, moi lentamente, pero desacelerando de forma case constante desde principios de mes. 


Se non fóra polo bachen causado polos centos de casos descubertos en DomusVi Lugo esta semana, xa se podería afirmar sen dúbidas que Galicia dobrou a súa curva. 


Esta case continúa melloría tamén se percibe evolución dos casos activos. De o últimos sete días, catro arroxaron  baixadas, incluído hoxe, unha caída de 55 casos menos, que son un 1,2% menos que onte. 


A media móbil a sete días da porcentaxe de cambio diario queda aínda en valores positivos, de media cada día hai aínda 0,4% casos máis. Moi preto xa dos valores negativos. Cando se alcancen poderemos estar seguros definitivamente de que a curva se ha dobrado.




MÁIS DE 20 MORTES Á SEMANA

As cifras non son tan esperanzadoras na fronte hospitalaria. Como nos demostrou a traxedia de primavera, os cambios nas tendencias contagios tardan semanas en trasladarse ás cifras de ingresos e aínda máis as de decesos.


Así que o número de falecementos, con sorte, tardará aínda semanas en desacelerar. Pésimas noticias, pois coas dúas mortes de onte, Galicia acumulou 22 falecementos por covid-19 nunha semana, récord desde o inicio dos rebrotes.



Informacion en detalle da evolución por áreas sanitarias aquí.


Screenshot from 2020 09 13 13 18 54



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE