Acelera o coronavirus: segunda xornada seguida con máis do 10% de test positivos na área de Santiago


Os datos do coronavirus hoxe na área de Compostela volven ser preocupantes. Por segunda xornada consecutiva, máis do 10% dos test resultaron positivo. A OMS estima que o 5% é o máximo para poder considerar un brote baixo control


|

Os datos do coronavirus hoxe na área de Compostela volven ser preocupantes. Por segunda xornada consecutiva, máis do 10% dos test resultaron positivos. A OMS estima que o 5% é o máximo para poder considerar un brote baixo control


Hai 73 novos contaxiados, cifra récord do mes. Este indicador levaba estabilizado ao redor dos 40 novos enfermos ao día, ata que empezou a dispararse hai tres xornadas.




Os problemas xa se deixan notar no CHUS. No hospital de Santiago hai xa 25 ingresados, que son seis hospitalizados máis que onte. Dous deles están na UCI.


FALTA DE TRANSPARENCIA

Por agora, o SERGAS non informou de ningún brote novo. Onte indicou a Galiciapress que esta aceleración en Santiago parece deberse a brotes familiares, casos importados e illados; non a brotes especialmente perigosos, como foi o do Multiusos ou o son en residencias.


O SERGAS de Santiago segue sen informar da localización e composición brotes familiares, a diferenza doutras EOXI, como a de Ourense, que o fai todos os días.


SEN INFORMACIÓN DO QUE PASA EN LALÍN

O que si sabemos é que hoxe a Xunta acaba de impoñer restricións en Lalín, vila pontevedresa que está na área sanitaria compostelá. 


Alí descubriuse un brote vinculado á hostalería a principios de mes. Despois de dar cifras o día que o declarou, o Goberno Gallego deixou de informar da evolución do brote da capital do Deza.


Cando xustificou no DOG as restricións en Compostela, Sanidade indicou que a maioría dos contagios eran na capital de Galicia, sobre todo entre mozas. Mozos que non volverán a clase para a semana tras o atraso decretado hoxe por Educación en Secundario.


No que levamos de mes, faleceron tres persoas na área sanitaria, dúas esta mesma semana.


Mq8BG coronavirus en santiago evoluci n recente despregar men para seleccionar indicador (1)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE