Datos coronavirus Galicia: a melloría párase ao redor de 250 novos positivos ao día e un 5,8% de test positivos

A recente expansión das restricións a máis localidades, como Poio ou Lalín, pode provocar alarma entre a opinión pública. Con todo, o certo é que a tendencia xeral do coronavirus en Galicia é de desaceleración. Iso si, de maneira moi lenta, como reafirman os datos de hoxe. Do que non parece haber ningún risco a medio prazo é de colapso do sistema sanitario. Por exemplo, os 243 novos enfermos diagnosticados onte son case a mesma canti

|

A recente expansión das restricións a máis localidades, como Poio ou Lalín, pode provocar alarma entre a opinión pública. Con todo, o certo é que a tendencia xeral do coronavirus en Galicia é de desaceleración. Iso si, de maneira moi lenta, como reafirman os datos de hoxe.  Do que non parece haber ningún risco a medio prazo é de colapso do sistema sanitario. Por exemplo, os 243 novos enfermos diagnosticados onte son case a mesma cantidade que as 236 altas concedidas o xoves.


Eses 243 positivos pódense calcular analizando as histórico cifras do SERGAS a nivel galego :4 falecidos máis, 236 altas e 3 casos activos máis. É a terceira vez en catro días que os casos activos baixan ou soben moi pouco, o que apunta á estabilización da epidemia.


Estabilización ou leve melloría que se alimenta en boa medida no esforzo do SERGAS para facer máis test. Tras bater onte o seu récord absoluto, hoxe queda en 4.732. De media, Sanidade está a facer uns 4.300 - 4.500 test ao día, mellorando notablemente as súas cifras de finais de agosto.


Para obter unha imaxe máis realista sempre é mellor fixarse na evolución máis aló do que diga un día concreto. Evolución expresada na gráfica de Galiciapress polas medias móbiles a sete días, que se poden consultar mediante o menú despregable:




Tras o leve descenso de onte, as tendencias hoxe quedan case como estaban Así, a media de novos positivos diarios queda en 253 (un menos que o xoves) e a de positividade no 5,86% (4 décimas máis que onte).


A lentísima melloría tamén se pode ver no cambio da evolución dos casos activos. A porcentaxe de hoxe é dun aumento de o 0,1% e a tendencia media queda en 1% máis de casos activos cada día, té

enue mellora respecto ao 1,3% de onte.




De non romper esta tendencia, que hoxe desacelera, Galicia debería empezar a contar pronto menos novos enfermos que novos curados, o que implicaría un progresivo alivio dos recursos do sistema sanitario.


Screenshot from 2020 09 11 14 47 08 (1)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE