Naturgy gaña o concurso para fornecer enerxía a Correos por case 50 millóns de euros en dous anos
Naturgy, a través do seu filial Gas Natural Comercializadora, fornecerá a enerxía eléctrica ás instalacións do Grupo Correos durante os 2 próximos anos, ata o 30 de xuño de 2022, tras adxudicarse o contrato por 48 millóns de euros, informou a compañía.
A empresa herdeira da galega Fenosa logrou adxudicacións públicas de importantes entidades recentemente, como o Congreso ou os metros de Barcelona, Málaga e Bilbao.
Naturgy, a través do seu filial Gas Natural Comercializadora, fornecerá a enerxía eléctrica ás instalacións do Grupo Correos durante os 2 próximos anos, ata o 30 de xuño de 2022, tras adxudicarse o contrato por 48 millóns de euros, informou a compañía.
A multinacional enerxética presentou a mellor oferta técnico-económica da licitación que fixo posible ser a adxudicataria do concurso.
O concurso, que ascende a 48 millóns de euros impostos incluídos en total, supón que durante os dous próximos anos a compañía forneza a electricidade de todas as subministracións contratadas a libre mercado do Grupo Correos, que teñen un consumo total de enerxía estimado de 145 GWh anuais, sendo por tanto o total de 290 GWh.
Trátase dun dos contratos máis esixentes en España tanto por volume de subministracións como polo alcance do servizo derivado da xestión integral requirida polo concurso, destaca Naturgy.
O 100% da enerxía fornecida por Naturgy conta con garantías de orixe. O contrato conta coa posibilidade de dúas prórrogas anuais adicionais, ata o 30 de xuño de 2024.
Naturgy xa era o provedor enerxético de Grupo Correos e presentou a mellor oferta económica adxudicándose o total da enerxía eléctrica licitada.
Esta adxudicación únese ás grandes contas conseguidas por Naturgy nos últimos meses, entre as que destacan os contratos con Telefónica, Hotusa (a terceira cadea hostaleira de España), ou os metros de Barcelona, Bilbao e Málaga, os tranvías de Murcia e Zaragoza e o Congreso dos Deputados.
Estes contratos enmárcanse na nova política comercial da compañía que, en liña co seu Plan Estratéxico a 2022, busca optimizar a súa carteira de clientes, tanto de enerxía como de servizos.
Na actualidade, Naturgy conta en España con máis de 7 millóns de clientes que teñen máis de 11 millóns de contratos de gas, electricidade e servizos, desde o consumidor doméstico ata o terciario e industrial.
Escribe o teu comentario