Aparece a moza de 14 anos desaparecida na Coruña o luns
Parece que a intensa campaña realizada en redes sociais esta semana para localizala foi un éxito
Parece que a intensa campaña realizada en redes sociais esta semana para localizala foi un éxito
A Policía Nacional e SOS Desaparecidos desactivaron nas últimas horas a procura da moza de 14 anos que faltaba do seu domicilio da Coruña desde o pasado luns e que xa foi localizada.
Así o confirmaron tanto a Policía como distintos grupos dedicados á difusión de desaparición e a propia familia, que publicaba en redes sociais unha mensaxe indicando que xa fora localizada.
A menor, de 14 anos e complexión delgada, faltaba do seu domicilio desde o pasado 31 de agosto e ao longo deste mércores levou a cabo unha intensa campaña a través de redes sociais para tratar de atopala.
Escribe o teu comentario