Festival Revenidas "en conserva" con Sés, Dakidarría, de Vacas, Quico Cadaval e máis artistas galegos

O festival Revenidas, de Vilaxoán, adecúa a súa 17ª edición ás circunstancias impostas pola pandemia e propón un oferta combinada de concertos de pago con aforo reducido e actividades gratuítas. Entre os eventos destacan a presenza de Sés, Ortiga, Dakidarría e Zeltia Irevire.


|

Con formato reducido, sen acampada e con artistas do país, o Revenidas é un dos poucos festivais que logra celebrarse nun verán dificilísimo para o sector


O festival Revenidas, de Vilaxoán, adecúa a súa 17ª edición ás circunstancias impostas pola pandemia e propón un oferta combinada de concertos de pago con aforo reducido e actividades gratuítas. Entre os eventos destacan a presenza de Sés, Ortiga, Dakidarría e Zeltia.


Presentación do festival Revenidas de 2021


Sempre, insisten desde a organización, "cumprindo estritamente coas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes porque o Revenidas cre e traballa a favor dunha cultura segura".

SEN TENDAS DE CAMPAÑA NIN SARDIÑAS
O festival non contará este ano con zona de acampada nin co seu tradicional e multitudinaria 'sardiñada', pero reconvértese nunha edición especial, que definiron como "en conserva", para ofrecerlle "propostas ricas e variadas ao seu público", indicaron os organizadores.

O Revenidas diversifica este ano a súa programación, que se desenvolverá en catro escenarios situados en diversas prazas e espazos de Vilaxoán. Os concertos de pago terán lugar no recinto portuario que noutros anos acollía os escenarios principais do festival.

ENTRADAS
O do venres 11 estará protagonizado por Sés e Zeltia Irevire, mentres que o sábado será a quenda de Ortiga e Dakidarría en acústico. Estes concertos terán lugar a partir das 20,30 horas nun recinto acoutado para 500 asistentes.

As entradas están á venda na páxina web do festival a un prezo de 15 euros o bono de dous días e de 10 euros a entrada para un só día.

REIVINDICACIÓN FEMINISTA
A programación do 'Revenidas en conserva' acolle, ademais, outra serie de actividades paralelas gratuítas, pero que tamén requiren de inscrición previa, xa que o aforo é reducido.

O xoves 10, a partir das 21,00, terá lugar un concerto de De Vacas e Cuernicornios. O sábado 12, a partir das 13,00, combinaranse a palabra de Quico Cadaval e a música de Monoulious DOP.

Na mañá do domingo 13 terá lugar uno dos espectáculos ensina do festival, a súa tradicional gala de circo Revenidas. E ese mesmo día, pola tarde, celebrarase a gala Revenidas-Festivala, que o festival organiza en colaboración coa asociación feminista O Soño de Lilith.

Neste evento participarán Lupe Blanco, Alba María, Suricar, Rebeca Santos e Aldaolado. Segundo explican os seus organizadores, esta colaboración entre Festivala e Revenidas nace "para reivindicar ás nais, ás avoas, ás mulleres que, en definitiva, foron e son conscientes de que o porvir se sustenta no coidado do que nos é próximo".

E tamén para "reclamar o seu saneamento, a protección do noso e unha relación sostible co medio e a comunidade como fórmulas para construír futuro".

CONCERTOS CON BANDAS LOCAIS
Ademais destas propostas, a programación paralela aos concertos de pago do Revenidas compleméntase con outras iniciativas relacionadas co territorio e coa cultura mariñeira da zona, showcookings con produtos galegos e concertos de bandas locais, tamén de acceso gratuíto.

O xoves 10 será a quenda de Nelson Quinteiro; o venres 11 actuará Peter Punk e a Escola de Pandeiretas Avelaíña; o sábado 12 farano o Mago Paco, Gramola e Os Terribles de Arousa; e, para finalizar, o domingo 13 será a quenda de Perseguidor.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE