Un positivo por coronavirus nun subcontrata de PSA Vigo obriga a illar a máis dunha decena de empregados

Un caso positivo de COVID nunha subcontrata que traballa na planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo obrigaron, en cumprimento dos protocolos de seguridade sanitaria, a illar a outros 11 operarios, segundo confirmaron a Europa Press fontes da factoría.

|

Un caso positivo de COVID nunha subcontrata que traballa na planta de PSA Peugeot Citroën de Vigo obrigaron, en cumprimento dos protocolos de seguridade sanitaria, a illar a outros 11 operarios, segundo confirmaron a Europa Press fontes da factoría.


A planta viguesa do Grupo PSA retomou a produción esta semana


A persoa que deu positivo é unha traballadora dunha subcontrata que está vinculada co brote que afecta á Comisaría de Vigo (onde 7 funcionarios deron positivo en coronavirus e outros 30 policías da Unidade de Intervención están illados).

Como medida de prevención, illouse a 11 traballadores que tiveron contacto coa empregada contaxiada e realizáronselles probas PCR, das que aínda non se coñece o resultado.

Fuentes da planta confirmaron que a traballadora que resultou infectada non está vinculada con procesos de produción e que, en todo caso, a medida de illamento dos outros operarios tampouco afectará ao normal funcionamento da fábrica.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE