Boimorto arroxará "algo de luz" o 12 de setembro: regresa o 'Festival da Luz' cun cartel reducido
O Festival da Luz celebra o 12 de setembro, sábado, unha edición especial con motivo das restricións polo coronavirus, na que actuarán Eladio e os Seres Queridos, Susana Seivane, Boyanka Kostova, Agoraphobia, Terbutalina, Monoulious Dop e LAU.

Nesta edición Leiras, o público poderá adquirir parcelas de aforo limitado na que seguir de forma "segura" a música en directo.
En concreto, estas 'leiras' terán capacidade para dúas, cinco e 10 persoas, que incluirán máscaras, xel desinfectante e ecovaso individual. A reserva destes espazos poderán facer a partir deste mércores na web do festival. O aforo total será de 500 persoas.
O Festival da Luz, que aprazou a súa edición de 2020 a 2021, busca con este formato especial "reactivar a economía da zona e do sector cultural".
De tal forma, con esta cita do 12 de setembro van recadar fondos para Cruz Vermella Responde en Galicia, a través da entrada solidaria e a activación dunha fila 0.
Escribe o teu comentario