Oito positivos por coronavirus nun mesmo edificio en Monforte de Lemos
O Concello de Monforte de Lemos, en Lugo, informou da existencia dun brote con oito casos positivos por COVID-19 nun edificio da cidade.
O Concello de Monforte de Lemos, en Lugo, informou da existencia dun brote con oito casos positivos por COVID-19 nun edificio da cidade.
Así mesmo, sinala que persoal sanitario do Sergas está a facer as correspondentes probas PCR no edificio co fin de confirmar outros posibles casos.
O Concello deu conta de que puxo ao dispor do persoal sanitario aos efectivos da Policía Local que, xunto con outros membros doutros corpos e forzas de seguridade do estado, colaboran na realización de dicha PCR.
O Consistorio sinalou que ten o compromiso por parte das autoridades sanitarias correspondentes de que seguirá sendo informado sobre a evolución das probas levadas a cabo en relación a este brote.
Escribe o teu comentario