Repuntes en Vigo, Lugo, Santiago e Ourense provocan a cuarta xornada de escalada de casos de coronavirus en Galicia
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que o número de casos activos na comunidade volve crecer por cuarto día consecutivo. No últimos catro días o número de positivos creceu sempre por encima dos 16 novos casos. Esta escalada tan pronunciada evidencia o cambio de tendencia que está a sufrir Galicia, onde a desescalada no referido ao descenso de casos na media móbil semanal deixou de arroxar porcentaxes negativas. Galicia, con 233 casos activos, retrocedeu en só 96 horas a cifras do 16 de xullo, cando tiña 227 casos avtivos.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que o número de casos activos na comunidade volve crecer por cuarto día consecutivo. No últimos catro días o número de positivos creceu sempre por encima dos 16 novos casos.
Esta escalada tan pronunciada evidencia o cambio de tendencia que está a sufrir Galicia, onde a desescalada no referido ao descenso de casos na media móbil semanal deixou de arroxar porcentaxes negativas. Galicia, con 233 casos activos, retrocedeu en só 96 horas a cifras do 16 de xullo, cando tiña 227 casos avtivos.
A área máis afectada esta xornada é Vigo, onde esta mesma mañá confirmouse a detección de un novo brote familiar que deixou tres afectados confirmados. Na área olívica séguese aínda con especial preocupación os focos detectados noutros brote familiar no Porriño e o caso dunha festa nun barco onde un dos asistentes deu positivo pola COVID-19, o que máis tarde se traduciu en máis contagios.
Á súa vez, Lugo, con cinco novos casos, é a segunda área onde máis crecen os casos activos este luns e a área que conta con máis casos en seguimento: 90 en total. A día de hoxe o brote máis preocupante en Lugo segue sendo o de A Mariña, que ofreceu nos últimos días un comportamento irregular. Con todo, as autoridades teñen a lupa posta sobre o brote do Saviñao, tamén de orixe familiar. Onte eran cinco os novos afectados, para un total dunha quincena contaxiados.
Pola súa banda, Santiago de Compostela e Ourense soben en tres e un novo caso esta xornada. É o terceiro repunte da área da capital en catro días e a segundo da área auriense no últimos tres.
Doutra banda, mentres en Ferrol a situación mantense libre da enfermidade (leva xa máis dunha semana sen casos activos), as áreas de A Coruña e Pontevedra perden un caso activo. Isto sucede xusto cando se deu a coñecer que na área herculina rastrexan os contactos de un porteiro dun pub de Oleiros que deu positivo por coronavirus. Tamén os casos vincualdos ao CF Fuenlabrada, que segue dando novos positivos, manteñen a atención das autoridades.
MEDIA MÓBIL
A escalada de casos dos últimos días no conxunto das áreas galegas ha tido un efecto inmediato na situación das gráficas de descenso. Fai catro días o ritmo de descenso semanal era do -4,5%, unha cifra verderamente prometedora. Os casos novos -68 desde o venres- provocaron que onte a gráfica tornase a valores positivos, cun 1,1% de crecemento na media semanal. Os 16 casos de hoxe elevan esa cifra ata o 2,5%.
No referido ao crecemento diario hoxe é do 7,4%, o que mellora sensiblemente as cifras de onte, que eran dos 3,3 puntos superiores.
Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este luns 27 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 233, dos cales 58 son da área da Coruña, 90 de Lugo, 7 de Ourense, 18 de Pontevedra, 44 da área de Vigo, 16 de Santiago e 0 de Ferrol.
Escribe o teu comentario