Ecoloxistas en Acción denuncia a presenza nos ríos galegos de gilosfatos, un produto que podería ser canceríxeno

A asociación Ecoloxistas en Acción vén de denunciar a través dun comunicado que as augas superficiais dos ríos están "altamente contaminadas por glifoxatos".


|

A asociación Ecoloxistas en Acción vén de denunciar a través dun comunicado que as augas superficiais dos ríos están "altamente contaminadas por glifoxatos".


O Río Miño crecido preto de Ourense nunha imaxe do Twitter de Magosteiro



Neste sentido, a asociación asegurou tamén que a demarcación hidrográfica Miño-Sil "non realiza mostraxes" desta substancia nos seus ríos, mentres que a Galicia Costa "realiza 116 puntos de mostraxe", fronte aos 173 de, por exemplo, a demarcación do Douro.

Das 116 mostraxes de glifosato realizados na Demarcación Galicia Costa, apunta Ecoloxistas en Acción, o 69,9% deron positivo, "nalgúns casos con niveis de concentración por encima de 0,1mg".



O glifosato, lembran os ecoloxistas, é un herbicida "utilizado masivamente en agricultura convencional" e "catalogado pola Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC) como probable canceríxeno en humanos", así como "tóxico para os organismos acuáticos, con efectos nocivos duradeiros".



Por mor da presenza deste herbicida en augas superficiais dos ríos, Ecoloxistas en Acción reclama que se retire a autorización de comercialización de produtos fitosanitarios que conteñan glifosato, redáctense normas harmonizadas para a mostraxe e análise e asegúrese que a recollida de información sobre presenza de praguicidas "sexa máis completa e axustada á realidade".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE