Jácome ficha ao "Maradona das administracións locais" para ser City Manager, que cobrará máis que Pedro Sánchez
O cargo creado polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, xa ten dono: Francisco Cacharro. O propio Jácome anunciou o nomeamento a través de Twitter, onde describiu a Cacharro como "o Maradona das administracións locais".
O cargo creado polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, xa ten dono: Francisco Cacharro. O propio Jácome anunciou o nomeamento a través de Twitter, onde describiu a Cacharro como "o Maradona das administracións locais".
Cacharro ten un longo percorrido xunto a Baltar como o secretario da Deputación de Ourense. Só falta a ratificación da Xunta de Goberno para que a incorporación sexa efectiva.
Jácome tamén destacou de Cacharro o seu "gran criterio político" e os seus "grandes coñecementos juridicos" para acceder ao cargo. A pesar de que o anuncio se deu a concer hoxe, o certo é que o nome do secretario da Deputación levaba moito tempo soando para o posto.
A pesar de que foi Jácome o que propuxo a necesidade de contar cun "city manager", o líder de Democracia Ourensá insistiu durante o anuncio en que xa no bipartido do PSOE e BNG existía esta figura, encargada de a xestión dos temas de corte burocrático e que forzou un novo acordo entre DO e PP para reformular o organigrama de goberno.
SOLDO DE PRESIDENTE
Unha figura que terá un soldo que roldará os 86.000 euros, como aprobou o pleno municipal o pasado febreiro. O cargo estará retribuído con máis de 7.000 euros ao mes. Todo isto significa que Cacharro terá un soldo maior que o de Pedro Sánchez, que percibe un soldo fixado en 84.845,16 euros ao ano, como reflicte o BOE.
Este novo soldo supón un custo notable nas arcas municipais, xa que o custo fixo dos salarios brutos no goberno ourensán situarase por encima dos 1,3 millóns de euros, unha cifra astronómica para un goberno que prometía acabar cos dispendios innecesarios se chegaban á alcaldía.
Escribe o teu comentario