Detido o presunto autor do incendio de Vimianzo, un mozo de 22 anos que provocou o lume accidentalmente
A patrulla de Protección da Natureza de Corcubión, en colaboración coa Garda Civil da localidade, procedeu á detención e posta en liberdade á espera de xuízo, dun veciño de Vimianzo (A Coruña), de 22 anos, como presunto autor do incendio rexistrado na localidade.

Segundo explica a Garda Civil nun comunicado, os feitos sucederon mentres o home estaba a rozar e, tras saltar unha faísca, empezou a arder a zona afectada.
Tras iniciarse o lume, abandonou o lugar nun tractor. A Garda Civil foi alertada por un usuario da vía, ao que lle agradece a súa rápida colaboración.
Escribe o teu comentario