A calor acende a alerta laranxa en Pontevedra e Ourense: máximas de 37ºC este sábado

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou para este sábado a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas do río Miño, nas provincias de Pontevedra e Ourense, por temperaturas de ata 37 graos.

|

As provincias de Ourense e Pontevedra serán as máis afectadas polas altas temperaturas, mentres que zonas de A Coruña e Lugo, en alerta amarela, tampouco se libran da calor.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou para este sábado a alerta laranxa por altas temperaturas nas zonas do río Miño, nas provincias de Pontevedra e Ourense, por temperaturas de ata 37 graos.


Caloragua



Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espérase que o fenómeno meteorolóxico dea comezo este mediodía e que se prolongue ata as últimas horas da tarde.

Ademais, estarán en alerta amarela por altas temperaturas zonas do interior da Coruña, de Lugo e de Ourense, así como as Rías Baixas e a contorna das comarcas coruñesas do Barbanza e Noia.



Mapa calor




Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, Emerxencias informou da situación aos concellos da provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil, entre outros. De este modo, espérase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Ante este episodio de altas temperaturas, recoméndase extremar as precaucións, especialmente entre os colectivos máis vulnerables como persoas maiores, nenos, persoas con enfermidades crónicas e tamén no caso de persoas que realizan traballos físicos intensos ou deporte ao aire libre.

Recoméndase limitar a exposición o sol, manter unha boa ventilación e ter en conta os cambios de temperatura. É tamén aconsellable manterse hidratado, tomar comidas lixeiras, cubrirse a cabeza e evitar exercicios físicos prolongados ao sol. Así mesmo, lémbrase que nunca debe deixarse a nenos ou persoas maiores no interior de vehículos pechados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE