​A XXXIII Edición do Pantín Classic reunirá aos mellores surfistas en Vadoviño o próximo agosto

Do 15 ao 23 de agosto celebrarase na localidade valdoviñesa un dos eventos máis esperados do verán no surf nacional e internacional. 


|

Do 15 ao 23 de agosto celebrarase na localidade valdoviñesa un dos eventos máis esperados do verán no surf nacional e internacional.


Surfpantinclassic




O Pantín Classic cumpre este verán “a idade de Cristo” cabalgando ondas en Valdoviño. No seu XXIII Edición, esta cita ineludible para os surfistas adiántase este ano ao mes de agosto, concretamente aos días que comprenden do 15 ao 23 de agosto. Na praia de Pantín desembarcarán algúns dos mellores do mundo, que subidos ás súas táboas tentarán cazar algunhas das mellores ondas que ofrece o atlántico na comarca ferrolá.


Esta será unha edición tan especial como particular, marcada pola crise do coronavirus que obriga a implementar as medidas de seguridade e hixiene en “un dos primeiros eventos deportivos con público tras o estado de alarma”, como manifestan os organizadores. Desta forma, e para salvagardar a integridade e seguridade dos participantes, o evento xa conta cun “protocolo de actuación específico”.


Desde a organización fan á súa vez un chamamento para considerar Galicia como un destino non só para sufristas, senón para todo aquel que busque un turismo “seguro”. Con todo, as autoridades insisten en lembrar aos asistentes que é fundamental gardar as medidas de seguridade e prevención co fin de evitar posibles contagios, especialmente en espectáculos desta envergadura, como é unha das probas máis importantes do circuíto mundial do surf. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE