Galicia volve subir en casos de coronavirus, coa área Lugo outra vez en ascenso e A Coruña levándose a peor parte

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, os casos activos de coronavirus na comunidade volveron a crecer nas últimas 24 horas. Pese ao descenso de onte, hoxe Galicia conta con nove casos máis. A situación no territorio segue sendo preocupante, sobre todo porque os datos que chegan hoxe desde a área de Lugo volven indicar novos contagios. Con todo, a área máis golpeada esta xornada é a herculina, que suma cinco novos casos.




|

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, os casos activos de coronavirus na comunidade volveron a crecer nas últimas 24 horas. Pese ao descenso de onte, hoxe Galicia conta con nove casos máis.


A situación no territorio segue sendo preocupante, sobre todo porque os datos que chegan hoxe desde a área de Lugo volven indicar novos contagios. Con todo, a área máis golpeada esta xornada é a herculina, que suma cinco novos casos.



Mentres que a área de Lugo suma un novo caso nas últimas 24 horas -onte ofreceu cifras negativas por primeira vez desde o estalido do brote na Mariña-, a área de A Coruña crece por terceira vez na última semana. Aínda é pronto para saber se se tratan de casos illados ou se estamos ante un novo brote. Con todo, estes cinco novos casos obrigan a facer un chamamento á prudencia. 


Doutra banda, a lixeira subida de hoxe na área lucense, acompañado do descenso do domingo, podería idicar unha certa estabilidade no referido a a situación epidémica da provincia. Con todo, hai que lembrar dous aspectos: a Xunta difunde cifras de casos activos, non de novos contagios. Isto non significa que non aparecesen máis casos novos en Galicia, senón que as altas puideron equilibrar os novos contagios. 


Ás subidad da Coruña e Lugo hai que sumar tamén os datos alcistas das áreas de Santiago de Compostela e Pontevedra. En ambos os casos, as dúas áreas suman dous novos casos nas últimas horas. 


Mentres, hoxe a única área que arroxa datos positivos é Ourense, que pasa de cinco a catro casos activos. Vigo e Ferrol, pola súa banda, non sofren variacións nos seus índices desde onte. 


TENDENCIA Á alza

A primeira consecuencia desta subida nos datos é o cambio de tendencia que rexistra a comunidade. A escalada de hoxe, xunto cos outros tres días de repunte que sufriu Galicia no últimos sete días por só dúas xornadas en descenso -o sábado a comunidade non perdeu nin sumou casos novos-, supoñen que a media móbil semanal ofreza porcentaxes positivas, cun crecemento do 0,5%. O pasado luns este rexistro era do -2,8%.


Para exemplificar este claro cambio de tendencia con repuntes e baixadas puntuais, nos últimos 31 días Galicia rexistrou 15 días de baixada, 14 de subida e en dúas ocasións non houbo variacións. Doutra banda, con nove casos máis no conxunto das áreas galegas, o número de casos activos crece hoxe en Galicia un 3,6%.




Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este luns 13 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 262, dos cales 24 son da área da Coruña, 200 de Lugo, 4 de Ourense, 6 de Pontevedra, 11 da área de Vigo, 16 de Santiago e 1 de Ferrol. 


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (36)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE