O brote de Lugo segue deixando novos positivos por coronavirus en Galicia, cun leve repunte en Ourense

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación na área lucense segue arroxando novos casos positivos cada día. Neste escenario, os novos casos detectados elevan a cifra de casos activos en Lugo por encima dos 200. Doutra banda, nesta xornada tamén se rexistrou unha subida significativa na área de Ourense. Aínda que este repunte non é en principio especialmente preocupante, aínda que hai que esperar para saber se se trata de casos illados ou un novo brote, as autoridades temen que proliferen os casos importados.


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a situación na área lucense segue arroxando novos casos positivos cada día. Neste escenario, os novos casos detectados elevan a cifra de casos activos en Lugo por encima dos 200.


Doutra banda, nesta xornada tamén se rexistrou unha subida significativa na área de Ourense. Aínda que este repunte non é en principio especialmente preocupante, aínda que hai que esperar para saber se se trata de casos illados ou un novo brote, as autoridades temen que proliferen os casos importados.



Nas últimas horas os casos importados, xunto co brote descontrolado da Mariña, son os que alimentaron a gráfica en Galicia. É o caso de Ourense, que onte confirmou catro novos casos importados, un deles desde México. A maioría dos casos, tamén aparentemente importados, están localizados en Beariz.  


Pola súa banda, e a pesar de que hoxe Vigo perde media ducia de casos activos, un caso importado puxo onte en alerta ao área olívica. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, compareceu onte para informar que o caso detectado, chegado en autobús de Madrid a Vigo, "está grave". Ademais deste viaxeiro, hai outras 13 persoas que compartiron bus co afectado que se atopan en corentena. 



"Preocúpanos que veu de Madrid", comentou o conselleiro en relación a este paciente na UCI en Vigo, ao que desexou unha pronta recuperación. 


SEN CAMBIOS NA GRÁFICA

A pesar de que hoxe dúas áreas galegas sofren subidas e tres ven alividados os seus algarismos, no índice referido a o conxunto das áreas non hai variacións desde onte. Lugo sobe en sete novos casos e Ourense en tres, mentres que tres menos casos na área herculina, un menos en Ferrol e os seis citados en Vigo deixan os datos equilibrados. Pontevedra e Santiago de Compostela non arroxan cambios. 


Destacar a área Ferrolá, que rebaixa as súas cifras ata un único caso activo na zona. Ourense, que tamén estivo ao bordo de quedar sen casos activos, conta dous días despois con cinco casos. Os casos importados son, neste momento, o maior perigo ao que se enfronta a sanidade galega na loita contra a COVID-19


Ademais, é importante lembrar que, a pesar de que as cifras non sofren cambios, non quere dicir que non aparecesen máis casos novos en Galicia. Hai que lembrar que a Xunta difunde cifras de casos activos, non de novos contagios.


MEDIA MÓBIL

Ademais, os descensos dos últimos días que situaron a media móbil semanal por encima do -3% nos últimos días, hoxe deixan o índice máis baixo na última semana: -1%. Doutra banda, ao non haber cambios, hoxe o descenso diario é, consecuentemente, de cero. 



Segundo os datos de as notas de prensa do SERGAS, este sábado 11 de xullo o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 259, dos cales 22 son da área da Coruña, 203 de Lugo, 5 de Ourense, 4 de Pontevedra, 10 da área de Vigo, 14 de Santiago e 1 de Ferrol. 


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (34)






relacionada O brote da Mariña crece en catro novos casos de coronavirus e a cifra de afectados alcanza os 186 casos activos
relacionada O coronavirus axigántase a nivel mundial: récord de novos contagios no mundo con máis de 225.000
relacionada O brote da Mariña repercute nas reservas turísticas tanto na provincia como nas zonas lindeiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE