Polo menos 3 contaxiados máis de coronavirus na Coruña, un en Ourense, outro en Pontevedra e seis en Lugo, indican os datos do SERGAS


Por vez primeira desde o pico de primavera só hai unha área na que descenden os casos diarios de coronavirus, Vigo.


|

En Galicia hai 259 casos activos por coronavirus, segundo as cifras que acaba de difundir a Xunta.  Isto supón un aumento en tres enfermos respecto onte.





O cal non quere dicir que só aparecesen tres novos casos en toda Galicia. Hai que lembrar que a Xunta difunde cifras de casos activos, non de novos contagxos.


Por exemplo, a pesar de que onte ingresou un paciente na UCI en Vigo, as cifras desa área sanitaria reflicten hoxe un descenso de 8 casos activos, suponse que produto de polo menos nove altas.


A zona máis castigada agora, Lugo, ten 6 casos activos máis. Para saber cantos contagios hai detrás desta cifra haberá que esperar a que o SERGAS informe especificamente o brote da Mariña.


Con todo, o SERGAS de Lugo xa informou de nove altas hoxe. Como o cómputo de casos activos subiu en 6 enfermos, é de agardar por tanto que en toda a provincia de Lugo aparecesen onte 15 contagios máis. 





REPUNTE NA CORUÑA

Quizais o máis preocupante desta mañá é o repunte na área sanitaria A Coruña. Son tres casos activos máis que onte. Por agora, Sanidade non confirmou se se trata de tres casos illados ou hai indicio de algún rebrote.


En Ourense aparece un novo caso activo. Suponse que a persoa que veu de México e ao que lle foi detectado o virus nas probas previas a unha operación no hospital CHUO. 


Tamén en Pontevedra hai un contaxio máis que onte.


Santiago, con 14 casos, e Ferrol, con 2, mantéñense igual que o xoves. 


Dos 259 casos positivos de Galicia, 16 corresponden á área de Vigo --oito menos con respecto a este xoves--; 25 á da Coruña e Cee --tres máis--; 14 á de Santiago e Barbanza --os mesmos--; dous á de Ourense --uno máis--; 196 á de Lugo --seis máis--; dous á de Ferrol --igual-- e catro á de Pontevedra --sobe nun--.



CLARO CAMBIO DE TENDENCIA NOS ÚLTIMOS DÍAS

Por vez primeira desde o pico de primavera non hai ningunha área sanitaria de Galicia, salvo Vigo, na que descendan os casos de coronavirus.


Na última semana, o cómputo global de casos activos en Galicia subiu catro días. por exemplo, onte un 4,5% máis e hoxe un 1,2% máis.


Con todo, debido ao gran descenso de casos activos -produto de moitas altas- o sábado 4 de xullo, a media móbil a sete días da variación de casos activos está aínda en valores negativos, -2,7%.





Esta Galicia sufrindo un rebrote de coronavirus ou só é algo que sucede en Lugo, concretamente na Mariña?


A gráfica elaborada por Galiciapress cos datos do Ministerio de Sanidade permite poñer os datos nun contexto máis amplo.


É evidente que a situación é peor que a da segunda semana de xuño, cando en Galicia só había de medía 1,2 positivos de PCR por día, de acordo á media móbil a sete días. 


Desde entón, ese indicador multiplicouse case por 9, sobre todo nas últimas xornadas.


O repunte é evidente, agora ben, a súa magnitude por agora é moi limitada.


Para ter unha referencia, o día 14 de marzo, cando se declarou a corentena, ese indicador estaba por de 27 diagnósticos ao día, a pesar da escaseza de probas por entón.


Así, agora estanse realizando miles de probas cada xornadas. Así, o número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 210.649, máis de 3.144 máis con respecto ás 207.535 contabilizadas ata este xoves.  


Se dunhas 3.000 probas que fai ao día o SERGAS están a dar positivo unhas 9, o cociente de positivos é de 0,7 a nivel galego. Unha cifra moi pequena e que indica que o SERGAS agora mesmo ten músculo suficiente a nivel autonómico para localizar o repunte. En contraste, estes días na Mariña houbo xornadas de positivo de en torno ao 17%.


É dicir, é evidente que o coronavirus en Galicia leva semanas acelerando e que deixou de perder terreo. Agora ben, esta aceleración por agora é moi limitada, salvo, claro, na Mariña e, en moita menor medida, en Lugo.





IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (1)









Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE